A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tic’s organiza cursos de horticultura ecolóxica nos meses de abril, maio e xuño.
Estas actividades son promovidas pola Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Tic’s ten como obxectivo que os/as veciños/as de Sada e a cidadanía en xeral, participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades relacionadas coa temática de horto urbán e agricultura ecolóxica.
As actividades serán gratuitas.
Destinatarios/as e prazas
Mozos e mozas a partir de 14 anos (inclusive) e adultos en xeral.
Terán preferencia:
1.Mozos e mozas entre 14 e 30 anos empadroad@s en Sada.
2.Adultos a partir de 30 anos e empadroados en Sada
3.Mozos e mozas entre 14 e 30 anos empadroad@s noutros concellos.
4.Adultos a partir de 30 anos e empadroados noutros concellos.
O empadroamento será comprobado de oficio
O límite de prazas será:
- Curso Horticultura ecolóxica 1ª edición durante o mes de abril: 15 prazas
- Curso Horticultura ecolóxica 2ª edición durante o mes de maio: 15 prazas
- Curso Horticultura ecolóxica 3ª edición durante o mes de xuño: 15 prazas
A oferta de prazas poderá ser modificada por causas organizativas, dependendo das restriccións sanitarias nese momento, sempre e cando a concelleria considere a idoneidade de aumentar ou diminuir os grupos.
Para que os cursos se realicen deberá haber un mínimo de 7 prazas solicitadas ou será cancelada esa edición. ·
En todo caso, poderase establecer unha listaxe de agarda en caso de que a demanda supere a oferta e non poida ser cuberta.
Temporalización e lugar de realización.
As sesións formativas celebraranse no trimestre abril-xuño 2021.
Son 3 cursos mensuais cunha duración aproximada de 2 sesións semanais os martes e xoves de 2h cada unha delas.
O horario será pola tarde de 17.00 a 19.00h.
As sesións celebraranse na parcela habilitada como horto urbán no barrio da Tenencia.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas ou necesidade de equipamentos informáticos para ter formación teórica, poderán ser utilizada a aula de actividades da Oficina da Xuventude.
Solicitude de praza e adxudicación para participar nas actividades
As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición a través das seguintes vías: ·
- ON-LINE no formulario habilitado onde haberá que introducir os datos, cuxa ligazón estará na web municipal www.sada.gal no apartado da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade e Tic’s.
- Instancia xeral a través da SEDE ELECTRÓNICA sede.sada.gal (só para as persoas que dispoñan de certificado dixital). As inscricións poderán facerse individual ou de forma grupal até 2 participantes
A adxudicación realizarase segundo a hora e día de entrada no formulario web ou no rexistro da sede electrónica https://sede.sada.gal de ser o caso. Unha vez que se esgoten as prazas ofertadas, establecerase unha listaxe de agarda por se quedasen vacantes. A confirmación de prazas será indicada por correo electrónico ou telefónicamente en caso de non ter enderezo.
Prazos
As inscricións para 3 cursos terán lugar nos seguintes prazos:
Curso 1 no mes de abril:
- - Inscrición: Do 24 de marzo ao 4 de abril
Curso 2 no mes de maio:
- - Inscrición: Do 19 ao 28 de abril
Curso 3 no mes de xuño:
- - Inscrición: Do 18 ao 28 de maio
Protección datos:
Co fin de garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), nas actividades recolleranse experiencias e fotografías durante o seu desenvolvemento.
Ditas fotografias, nas que poden sair os/as participantes, poderán ser divulgadas a través dos servizos da sociedade da información que considere o Concello de Sada (prensa, web, redes sociais, etc).
Os datos persoais derivados da inscrición nesta convocatoria serán tratados, en cumprimento do disposto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereiros dixitais.
Poderá exercerse o dereito de acceso, rectificación e cancelación, nos termos establecidos na lexislación vixente.
Consentimento informado:
As persoas solicitantes deberán mostrar a súa aceptación, a través da inscrición dos seguintes puntos:
Aceptación das condicións de participación das seguintes bases.
Medidas hixiénico-sanitarias, prevención e actuación persoal en canto á prevención do COVID19 (máscara obrigatoria, distancia interpersoal 1.5m, utilización xel hidroalcohólico e limpeza de material con virucidas)