O Concello de Sada programa SendereAndo no Camiño, un proxecto de interpretación do patrimonio natural e cultural a través de dez roteiros de sendeirismo por tramos do Camiño de Santiago.
Sada, 25 marzo 2019
O Concello de Sada segue a programar roteiros para os veciños e veciñas da localidade, nesta ocasión prográmanse dez roteiros por tramos do Camiño de Santiago.
O Camiño Fisterra-Muxía nos tramos de Negreira, Fisterra e Cee; a Vía da Prata no tramo de Silleda; o Camiño Primitivo no tramo de Castroverde; o Camiño Francés nos tramos de Arzúa e Melide; o Camiño Portugués no tramo de Caldas de Rei; o Camiño Inglés no tramo de Mesía e o Camiño do Norte no tramo de Baamonde, compoñen o programa que organiza o Concello de Sada desde o área de Xuventude.
Con anterioridade á data o Concello abrirá a inscrición para cada roteiro comezando polo tramo de Negreira do Camiño Fisterra-Muxía que terá lugar o 14 de abril.
En total dez roteiros que Sada organiza desde o mes de abril de 2019 ata febreiro de 2020.