A Feira do Comercio organizada pola Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente xunto ao grupo Sada Comercio desenvolverase o sábado 18 e o domingo 19 de agosto e contará con actividades varias realizadas polos propios comerciantes de Sada, sorteos, gastronomía e descontos especiais.
Os clientes que merquen no “Mestura” poderán gañar unha cesta de produtos e un vale de compra por valor de 200€ (para gastar nos establecementos participantes) no sorteo que se celebrará o domingo 19 as 19:00.
Sada 17 agosto 2018.
Os días 18 e 19 de agosto celébrase en Sada a terceira edición do Mestura Shopping na carpa instalada detrás do edificio da Terraza. Tanto o sábado coma o domingo os sadenses e visitantes terán a oportunidade de atopar numerosos productos con descontos especiais, información sobre empresas o municipio e as actividades que desenvolven, sorteos e gastronomía en plenas festas de Sada. O Mestura Shopping ofrece na sua terceira edición un horario mais amplo: Sábado de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 23:00 e o Domingo de 12:00 a 14:30 e de 15:30 a 22:00.
Esta feira, segundo confirma o concelleiro do BNG, Xosé Lois Suárez Becerra “supón unha moi boa oportunidade para que aqueles que se queiran achegar a Sada poidan atopar produtos e servizos de excelente nivel".
“O Mestura Shopping, indica o concelleiro, naceu e continua co seu camiño para darlle una oportunidade ao comercio e servizos sadenses de ter un escaparate de maior magnitude en plena semana grande de Sada o que supón moitas máis posibilidades tanto para a oferta como para a demanda. O Mestura une este ano a comercios de ampla tradición en Sada con outros de recente apertura, todos xuntos nun espazo diverso, atractivo e cómodo”.
A Feira de Comercio contará con actividades varias realizadas polos propios comerciantes de Sada así como demostracións en directo. “Expómoslle a todos unha ecuación sinxela: produto, mais servizo, mais calidade, mais oferta, mais hostalería, mais lecer, mais festa, igual a entretemento e satisfacción polo que esperamos que todas e todos atopedes unhas horas para disfrutar de Sada con todo o que ofrece aos que a visiten”.