Sada programa o musical familiar Hansel e Gretel en dous pases gratuítos

26 / NOV / 2019

Sada programa o musical familiar Hansel e Gretel en dous pases gratuítos

-A concellaría de Cultura anuncia a chegada a Sada do afamado musical Hansel e Gretel á Casa da Cultura pintor Lloréns o vindeiro venres 29 de novembro en dous pases gratuitos.

Sada, 26 novembro 2019

O conto dos irmáns Grimm chega este venres, 29 de noviembre, á Casa da Cultura Pintor Lloréns, a través da Concellería de Cultura do Concello de Sada que programa dous pases, o primeiro ás 17:30 horas orientado aos escolares do municipio e o segundo ás 19:30 a público en xeral.  A entrada é gratuita ata completar aforo.

O musical Hansel e Gretel da compañía “La Bicicleta” é a particular versión da narración dos irmáns Grimm a través dun espectáculo vibrante que fará as delicias de todos os públicos. A soada casiña de chocolate volverá tentar aos máis pequenos a través dunha obra, dunha hora de duración, recomendada a partir do cinco anos de idade e que a concellaría de Cultura subvenciona na súa totalidade.

O fermosa pero terrible versión dos Irmáns Grimm convértese nun musical que sen perder de vista a triste historia dos dous irmáns, está chea de humor e tenrura que se desprende da relación de Hansel e Gretel, a música, as cancións e as belas coreografías.

O espectáculo que chega a Sada despois de programarse durante varias tempadas en Madrid e que agora percorre os principais teatros das capitais de provincia española, é unha obra vibrante, asombrosamente construída, con escenarios sorprendentes, variados e coloridos; uns números musicais de gran calidade e uns entrañables personaxes humanos, graciosos e tenros... e algún que outro tamén terrorífico.

Os irmáns Hansel e Gretel a egoísta madrastra, o desventurado pai, a malvada bruxa e, como non, a deliciosa casiña de chocolate, emocionarán aos pequenos espectadores con divertidísimos números musicais.

 

Arquivado en