A Concellería de Promoción Económica e Turismo considera que neste momento en que empeza a controlarse a afectación da pandemia COVID-19 é preciso incentivar a recuperación dos distintos sectores económicos sadenses sendo a celebración das tradicionais Festas do Carme un momento axeitado para facelo, “xa que se trata dunha festividade que xunta a un tempo a participación popular e a posta en valor dos produtos gastronómicos que se extraen da nosa ría, do noso mar”.
BASES ROTEIRO GASTRONÓMICA FESTA DO MAR
ANEXO II - DECLARACIÓN RESPONSABLE
Sada vólvese a ir de tapas coa ruta gastronómica “Festa do Mar”, organizada polo Concello de Sada en colaboración co conxunto do tecido da hostalería local co obxectivo de reforzar a marca da vila e animar o comercio local e o sector da restauración.
Esta edición terá lugar entre o venres 16 e o domingo 18 de xullo, coincidindo coas Festas do Carme, e ofrecerá aos visitantes unha variedade de tapas cos productos da ría como protagonistas
O obxetivo da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego e potenciar o sector hostaleiro e turístico nas maiores condicións de seguridade evitando agomeracións e cumplindo coa todos os protocolocos sanitarios.
Con todo o Concello dde Sada busca promover os produtos da ría de Sada a través das elaboracións propostas polos establecementos participantes; poñer en valor a propia cultura, a través da exaltación dun sector extractivo que está fortemente vinculado coa nosa memoria histórica; potenciar o turismo na localidade, mediante un roteiro gastronómico como experiencia de interese e con potencial de atracción de visitantes; impulsar a reactivación do sector da hostalería e o difundir a súa calidade e atractivo para a veciñanza e os posibles visitantes; incentivar a calidade e orixinalidade da oferta gastronómica local e consolidar eventos gastronómicos de cara a edicións posteriores e crear unha imaxe positiva de Sada como organizadora de eventos culturais e turísticos.
A proposta do Roteiro gastronómico da Festa do Mar vai destinada a todos os establecementos do concello de Sada que desenvolven a súa actividade profesional no sector da hostalaría, en locais como bares, restaurantes, cafetarías ou con licenzas relacionadas coa restauración e a hostalaría.
Para participar neste certame é preciso inscribir ao establecemento antes do 2 de xullo presentado no Rexistro Municipal (sede.sada.gal) o boletín de inscrición (ANEXO I) e a ficha técnica da receita da tapa (ANEXO II). O formulario de inscripción está dispoñible na web municipal.
Os establecementos presentarán como mínimo 1 tapa de cociña de elaboración libre, pero con presenza de produtos do mar relacionados coas nosas rías ao prezo de 1€ (IVE incluído).
Os participantes poderán optar a diferentes premios directos dos raspa e gana creados especialmente para o evento onde se inclúen camisolas, gorras e outros obxetos de divulgación de Turismo de Sada, ata vales de servizos a desfrutar nos locais participantes.
Desde a Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego animan a todos os bares e restaurantes a participar nesta nova edición que promociona Sada como un destino seguro e dinámico que aposta polos productos de tempada e a creatividade.