Sada programa o Urban Feel Festival o 6 de agosto

11 / XUL / 2022

Sada programa o Urban Feel Festival o 6 de agosto

Skate, danza, concertos, mercadillo e obradoiros para un festival de cultura urbana gratuito único nas Mariñas. A concellería de Mocidade do Concello de Sada organiza o Urban Feel Festival, un festival de Cultura Urbana que naceu no 2015 da necesidade de diferentes colectivos de amosar e difundir este tipo de movemento e as súas diferentes formas de expresión artística á cidadanía sadense.

Este ano o Urban Feel terá lugar o sábado 6 de agosto durante todo o día na zona do paseo marítimo detrás do edificio de A Terraza  onde realizaranse obradoiros de diferentes ramas artísticas, exhibicións de skate, concertos, mercadillo e numerosas actividades realacionadas coa cultura urbana

Para a concelleira de Mocidade, Rebeca Mouriño, o Urban Feel é unha promoción da diversidade cultural que busca visibilizar a cultura urbana como forma de expresión e subliña que “tiñamos moitas ganas de recuperar este festival no que é fundamental o apoio de dos colectivos do noso municipio que practican diferentes disciplinas de cultura urbana “

Pola súa banda Estefanía Gómez,, unha das integrantes dos colectivos que practican disciplinas de cultura urbana, incide no regreso do Festival “despois de un par de anos compricados”. “Recuperar un festival así danos un pouquiño mais de vida, onde dende os mais pequenos ata os máis maiores, desfrutan xuntos de un día enteiro de danza, Skate, música nunha entorna inigualable”, sinala.

O programa de actividades contempla en horario de mañá obradoiros de Danza ás  11.15 a 12.30 (Hiphop), Danza no campo 12.45 a 14.00 (Floorwork - Experimental). Ademáis Skate de  11:30 a 12.30 e de 12.45 a 14:00 e Reciclaxe “Upcycling” a partir das 11:30 na zona do mercadillo.

As actvidades de tarde comezarán as 16.00h con skate libre nenos/as e ás 17:00 competición na skate Ramp (+9 anos) onde haberá agasallos e música ambiente con DJ. A continuación virán sesións de Skate Libre, e Skate Ramp  “Engorílate II” para maiores de 18 anos con premios valorados en 300 euros, cursos e agasallo

Ás 20:45 no escenario de prográmase Urban meeting  de danza con expresións de Breaking,  Hiphop,  Experimental, Popping,  Salsa, Waaking, House. Nesta actividade tamén haberá charla de danzas Urbanas e ambientanción con Dj.

Finalizará o Urban Feel cos concertos. Ás 22:30 concerto de The Bo Dereks ( Vigo) e ás 23:45h concertó de Cápsula

OBXECTIVOS:

SKATE:  No Urbanfeel Fes+val, ademáis dos habituais concursos e exhibicións, considerase, como outra parte da promoción do skateboard, a labor de dalo a coñecer á xuventude en xeral e acercalo ao público, como deporte alternativo, “forma de vida e filosofía que fai de nos mesmos xente saudable e feliz”.  Neste aspecto, son os obradoiros os que cubren esta parte da misión, o achegamento ao skateboard e a iniciación ao mesmo; nos que os pequenos e pequenas reciben unhas primeiras nocións e consellos para a práctica e aprendizaxe eficiente.

DANZA URBANA: “Cada neno e nena e autor e actor do seu mundo”. Danzar e saudable para todos, e especialmente para os menores, axudalles no seu desenvolvemento corporal, contribuye a afianzar a lateralidade, a coordinación, e facilitalles o aprendizaxe do ritmo mediante o movemento. Búscase coma obxetivo desenvolver as capacidades corporais de cada neno/a en canto á realización libre de movementos, mMellorar a colocación postural, a flexibilidade e o equilibrio e traballar a memoria corporal, emocional e musical así como fomentar a creatividade, a imaxinación,  a sensibilidade e a confianza persoal.

 URBAN MEETING – DANZA URBANFEEL. Formato 1 vs 1: exhibición de invitados. Formato onde os mellores bailaríns da comarca batallan entre sí. Non é unha competición, xa que non haberá gañadores nin perdedores; senón unha actividade so de demostración de habilidades, destrezas e sensibilidade artística. Actividade realizada por seis bailarín, os cales darán o final da mesma, unha charla – coloquio sobre a danza urbana.

 

 

Arquivado en