Sada programa os actos do 8M "Día Internacional da Muller 2024"

04 / MAR / 2024

Sada programa os actos do 8M "Día Internacional da Muller 2024"

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do "8M Día Internacional da Muller".

PROGRAMA ACTOS E ACTIVIDADES DO 8M 2024

 

1, 4, 6 e 8 MARZO - TALLER DE EMPODERAMENTO FEMININO

 9:30 a 14:30 - Taller de empoderamento feminino e desemvolvemento persoal

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada organiza, con motivo do 8 de marzo, un taller de empoderamento feminino que pretende facilitar a conexión coas fortalezas, capacidades, virtudes e logros personais das mulleres de Sada tomando conciencia do seu gran potencial para conseguir os seus propósitos.

O taller está enfocado a recuperar o poder persoal, a potenciar as nosas habilidades traballando técnicas para mellorar a nosa comunicación, fomentando unhas relacións equilibradas e saludables mediante la expresión de nuestros dereitos asertivos, dos nosos sentimentos, pensamentos e necesidades de xeito claro, sin agredir a los demás y respetándonos.

 

5 MARZO - CURSOS GRATUITOS PARA MULLERES DE FERRAMENTAS DIXITAIS

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundacion Cibervoluntarios organiza o Obradoiro MullerTIC na aula CeMIT.

A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 1,5 h. de duración cada un:

  • Ferramentas dixitais para a procura de emprego. Programación: 05/03/2024 de 10:00 a 11:30 h.
  • Ferramentas dixitais para o emprendemento. Programación: 05/03/2024 de 11:30 a 13:00 h.

Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Pescadería, 5.

Máis información na AEDL ou no 620.765.150 - Inscripción - https://bit.ly/48pq8e2

 

6 E 7 MARZO - PROGRAMA EXTRAORDINARIAS

A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza o Programa Extraordinarias na aula CeMIT.

Extraordinarias é un proxecto destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais de toda España para potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalos a nivel global. Con Extraordinarias formáronse xa 4.000 mulleres emprendedoras. 

A formación é presencial repartida en 2 obradoiros de 4 h de duración cada un:

  • Nivel Intermedio: 06/03/2024 de 9:30 a 13:30 h.
  • Nivel Avanzado: 07/03/2024 de 9:30 a 13:30 h.

Lugar: Aula CeMIT do Concello de Sada, Praza da Pescadería, 5

Máis información na AEDL ou no 620.765.150 - Inscripción - https://bit.ly/3T7YzkK

 

8 MARZO - ACTO INSTITUCIONAL 

19:00h.: A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego organiza o próximo día 8 de marzo, un acto para conmemorar o "8M Día Internaciónal da Muller". A primeira parte do acto consistirá na lectura de poemas e fragmentos de obras de autoras en colaboración ca Rede Feminista Sadense. Animamos a todas as mulleres a participar!!! Poden inscribirse no teléfono 618.62.84.14. A continuación actuará a cantante sadense Sofía Pérez Riesco.

20:00h: Concentración feminista na Praza de San Roque.

 

Arquivado en