07 / NOV / 2022
O Concello de Sada organiza desde a OMIX duas propostas novas dentro do Sendereando Outono 2022.
SENDEREANDO 22 OUTUBRO FERVENZA DO BELELLE - SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA E EN LISTAXE DE AGARDA
SENDEREANDO 19 NOVEMBRO ROTEIRO COIRÓS-BETANZOS - SOLICITANTES CON PRAZA ADXUDICADA E LISTAXE DE AGARDA
Que é SENDEREANDO?
SendereAndo é unha proposta que intenta achegar o patrimonio natural e cultural á cidadanía a través de roteiros guiados de sendeirismo. É unha actividade gratuita !
Quen pode participar?
Persoas maiores 12 anos (acompañadxs adulto)
Como solicito a praza e como sei se a teño?
Solicita a túa praza a través deste formulario online nestes prazos:
- Do 3 ao 16 outubro para o 1º roteiro Fervenza do Belelle (Neda) . Revisa a listaxe de admitidxs o 18 de outubro
- -Do 31 outubro ao 13 nov para o 2º roteiro Fragas do Mandeo (coirós-Betanzos). Revisa a listaxe de admtidxs o 15 de novembro
ONDE E CANDO IMOS?
SÁBADO 22 OUTUBRO
- Fervenza do Belelle (Neda) "A forza da auga". 12.5 km Dificultade técnica: media-baixa Esforzo físico: baixo-medio
SÁBADO 19 NOVEMBRO
- Fragas do Mandeo (Coirós-Betanzos) "No corazón do bosque". 14 km Dificultade técnica: media-baixa Esforzo físico: baixo
TEN EN CONTA QUE...
- Os roteiros duran todo o día, haberá que levar a comida.
- Está incluido o transporte en autobús ida e volta dende Sada.
- Hai 50 prazas por roteiro, en caso de máis solicitudes que prazas, haberá sorteo e terán preferencia as persoas empadroadxs.
SE TES ALGUNHA DÚBIDA PODES CONTACTAR
Oficina da Xuventude 981.620331 - omixsada@gmail.com