A Concellaría de Cultura programa unha completa axenda de actividades para a época do Nadal con animación de rúa, Elfos Carteiros, Concerto de Nadal, cine, teatro e a visita de Papá Noel polas rúas de Sada.
Achegamos programación do Nadal 2020 en Sada
20 DE DECEMBRO - 20:00 HORAS - AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Concerto de Nadal. Para celebrar as festas instrumentistas da Banda Municipal de Sada, interpretarán diversas obras musicais do Nadal e de carácter festivo.
22 DE DECEMBRO
17:30 h-20:30 h - Circo na rúa Moc-Moc · Pasacalles de Nadal.
As Brañas, Praza de San Roque, Linares Rivas, Correos, 1ª Travesía da Obra, Travesía da Obra, Travesía das Delicias, Rúa da Praia, Desembocadura do río, Paseo Marítimo, Bulevar.
18:00 h-20:00 h – O Folión do Zampón · Animación de rúa con Fantoches Baj. Colabora: AGADIC, Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia
Praza Irmáns Suárez Picallo, Paseo Marítimo, Porto, Avenida da Mariña.
23 DECEMBRO - 17:30 h-20:30 h
Elfos Carteiros · Percorrido dos Elfos Carteiros no seu cabriolé polas rúas de Sada. Sígueos! Fala con eles! Teñen moito que contar!
Paradas dos Elfos: · Praza Irmáns Suárez Picallo · Praza detrás da Terraza · Casa da Cultura · Martelo · Parque do Porto · Bulevar · Praza do Pescador.
24 DE DECEMBRO - 17:30 h-20:30 h
Papá Noel anda por Sada! · Busca a Papá Noel polas rúas de Sada. Anda agochándose por todas partes! Quen o encontra leva caramelos como premio!
Papá Noel anda agochándose por: · As Brañas · Os xardíns do paseo · O Boulevard · Linares Rivas · A Tenencia · A Praza da Peixería · O Paseo Marítimo · Axudantía · O parque do Porto · A Rúa da Praia.
28 DE DECEMBRO - 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DE SADA
Malas palabras· Esta é a historia de Flor, unha escritora que, desde o seu escritorio, cóntanos como descubriu o segredo mellor gardado polos seus pais: a súa adopción.
29 DE DECEMBRO – 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
A musical historia de Meme, o caracol prehistórico · Meme é un caracol que naceu hai un millón de anos. Viaxa na cabeza do seu amigo Dino, descubrindo a música a través do tempo.
30 DE DECEMBRO – 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Brinca Vai! · É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas, de melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar… Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.
2 DE XANEIRO - 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Los Goonies · Cine Familiar.
Reserva de Entradas (nos vindeiros días estará habilitada a venda)
3 DE XANEIRO – 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Los Futbolísimos · Cine Familiar.
Reserva de Entradas (nos vindeiros días estará habilitada a venda)
4 DE XANEIRO - 18:30 h – AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
Cavernícola · Cine Familiar
Reserva de Entradas (nos vindeiros días estará habilitada a venda)
5 DE XANEIRO
Este ano Sada non celebrará a Cabalgata de Reis por responsabilidade nestes tempos da COVID-19, pero iso non quere dicir que non celebremos una noite de Reis especial.
Para manter a distancia e non contaxiarse, Melchor, Gaspar e Baltasar estarán por Sada dunha maneira diferente. Nos vindeiros días anunciaremos como podes participar na Noite de Reis Especial de Sada.