O alcalde do Concello de Sada solicita a colaboración e comprensión co obxectivo de minimizar os riscos de todas as veciñas e veciños, esperando que saiban entender as molestias que se poidan producir.
Sada, 28 novembro 2020
A alcaldía do Concello de Sada publicou un Bando no que se sinala que, con motivo da crise sanitaria derivada da COVID-19 e seguindo o protocolo marcado pola Xunta de Galicia, se establece para os próximos 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, un horario de apertura especial entre as 08:00 horas da mañá e as 19:00 horas da tarde, ademais da obrigatoriedade de manter diversas medidas de seguridade dentro do cemiterio municipal.
Con base niso, será obrigatorio o uso da máscara de protección e deberase realizar un lavado frecuente de mans ou uso habitual do xel hidroalcohólico. Ademais haberá que manter unha distancia interpersoal de cando menos 1.5 metros dentro do cemiterio municipal e os grupos poderán ser, como máximo, de 4 persoas.
A visita ao cemiterio terá unha duración máxima de 30 minutos e nela seguirase en todo momento o itinerario establecido tanto no percorrido polo recinto como na entrada e saída deste.
Desde o Concello de Sada solicítase aos veciños e veciñas que se atenda en todo momento ás indicacións do persoal municipal, o cal procederá a controlar a capacidade e realizará tarefas de limpeza e mantemento da instalación. No Bando especifícase ademais que non está permitido fumar dentro do recinto.
O Concello de Sada recomenda que o acondicionamento dos nichos se faga nos días previos ao 1 de novembro para evitar posibles aglomeracións.
O alcalde do Concello de Sada solicita a colaboración e comprensión co obxectivo de minimizar os riscos de todas as veciñas e veciños, esperando que saiban entender as molestias que se poidan producir.