Sada quere coñecer a percepción cidadá sobre a limpeza viaria

19 / XUN / 2021

Sada quere coñecer a percepción cidadá sobre a limpeza viaria

Dentro do plan de limpeza “Sada Limpa” realizarase unha enquisa de percepción que inclúe o sorteo dunha experiencia náutica sustentable entre as persoas participantes.

Sada, 16 de xuño de 2021

A Concellería de Obras e Servizos pon en marcha o plan “Sada  Limpa” en outubro do ano 2020, unha iniciativa coa que se pretende mellorar a limpeza das distintas rúas e espazos públicos do Concello.

Para iso, procedeuse a realización de tarefas de limpeza empregando nelas lavadoras con auga a presión, varredoras industriais e  baldeadoras, completando devanditos traballos con varridos manuais dos distintos sectores.

Dentro do plan “Sada  Limpa”, os técnicos municipais xunto cos de Ferrovial Servicios realizarán un estudo sobre a percepción cidadá no Concello de Sada en referencia á limpeza viaria distinguindo zonas en función da tipoloxía urbanística.

Os cuestionarios pretenden avaliar a calidade do servizo de limpeza viaria que presta o Concello e a visión xeral que ten a cidadanía sobre o espazo urbano no que vive. O obxectivo deste traballo vai encamiñado a coñecer de primeira man a satisfacción das persoas coa xestión prestada e saber que se debería mellorar no servizo e na atención ao cidadán.

Todas as persoas participantes entrarán nun concurso de dúas experiencias náuticas sustentables consistentes nunha ruta en catamarán eléctrico de dúas horas de duración para cinco persoas.

Haberá enquisas a pé de rúa e tamén vía online a través dun formulario. As mesmas estarán abertas durante un mes, rematando o luns 19 de xullo e realizando o sorteo ao día seguinte.

 

Arquivado en