Sada realiza melloras nas Casas do Pobo das parroquias

26 / SEP / 2021

Sada realiza melloras nas Casas do Pobo das parroquias

A Concellería de Participación Cidadá realiza actuacións nas parroquias enmarcadas nun proxecto de revitalización das parroquias para as que tamén programa actividades para o Magosto, ao igual que fixo no verán, colaborando coas asociacions veciñais

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá que xestiona Rebeca Mouriño,  está a levar a cabo traballos de mellora de instalación nas Casas do Pobo  demandados polas asociacións de veciños das parroquias do municipio.

A concelleira expricou nas distintas reunións as labores de de mantemento nas casas do pobo. “Preveemos melloras en todas as instalacións, atendendo as prioridades de cada casa do pobo, para recobrar o movemento social interxeneracional logo da parálise pola pandemia do COVID19”, sinala Mouriño, quen adianta ademáis que estanse programando actividades para o Magosto nas parroquias.

Entre outras actuacións, estánse realizando os trámites para a realización da reforma do inmoble de Carnoedo  froito das mesas de participación realizadas ademáis de ter reparada recentemente a cuberta do pavillón polo departamento de Obras e Servizos e realizar melloras na xardinería.

Pola súa banda a AA.VV. de Meirás levaba anos demandando a instalación dunha cociña na planta baixa da casa do pobo polo que se realizou o pasado ano a instalación dunha completa mellorando a instalación eléctrica, ademáis de actualizar nos vindeiros días o mobiliario do interior.

Por outro lado a  casa do pobo do Castro (Osedo) tiña gran filtración de humidade polo que se acometeron estes meses traballos de limpeza e pintura exterior e interior. As próximas actuacións que realizará o departamento de Obras e Servizos será a mellora da accesibilidade nos baños situados na planta baixa.

Na Casa do Pobo de Veigue están a traballar nestes días para reparar filtracións do balcón ademáis de atender a demanda da instalación de nova plaqueta no sótano do edificio para a realización de actividades e a reparación da fachada para a súa posterior inmpermeabilización.

Na parroquia de Mondego está prevista a  limpeza da fachada e canalons e o pintado de salas interiores.

MAGOSTO NAS PARROQUIAS DE SADA

A principios de setembro a concellería de Participación Cidadá púxose en contacto coas asociacións das parroquias para ofrecerlles o seu apoio na celebración do Magosto recuperando así o tradicional festexo que realizaban previo á pandemia.  

Estase a traballar nunha programación diferente para cada parroquia aproveitando así a boa acollida das actividades realizadas no verán, polas que se levaron actividades de animación a todas as parroquias do municipio.

“Buscamos involucrar á veciñanza logo dunha época complicada para as entidades asociativas coas restriccións sanitarias, indica Rebeca Mouriño, que ademáis subliña que Sada “ten a sorte de contar con asociacións implicadas que dende o primeiro momento recibiron a proposta con interese”

Arquivado en