Sada realiza unha enquisa participativa para definir o PMUS

20 / OUT / 2021

Sada realiza unha enquisa participativa para definir o PMUS

O Concello de Sada inicia hoxe un proceso participativo para que os veciños e veciñas poidan expor as súas demandas e as súas achegas ao plan de mobilidade que se está a redactar. Este proceso, denominado Sada Móvete, contempla actividades como encontros territoriais e sectoriais, entrevistas con técnicos e a realización de enquisas. Os veciños poden participar a través da web participa.sada.gal

Enquisa de movilidade "Sada Móvete"

Sada encargou o PMUS, o plan de mobilidade urbana sostible,  para crear as bases e mellorar a mobilidade no sistema de transporte e comunicación viaria, baixo os principios da  sostenibilidade ambiental, a seguridade vial, a accesibilidade e a cohesión social.

Este documento deberá desenvolver a Rede de Mobilidade Sostible prevista no PXOM, mellorando a conexión estre os diferentes núcleos de poboación e a accesibilidade ás dotacións e equipamentos do termo municipal.

O PMUS definirá os itinerarios para fomentar unha mellor conectividade cohesión social.  Outro obxectivo do PMUS será  abordar o fomento do transporte público e definirá as instalacións e infraestruturas necesarias para diminuír o uso do vehículo privado e incentivar a mobilidade peonil e o uso da bicicleta. Finalmente o novo Plan implementará a creación de camiños escolares seguros e definir unha rede de aparcadoiros disuasorios.

Para o goberno local a participación é clave para conseguir elaborar un documento adaptado a realidade do noso municipio. “Realizaránse enquisas aos diferentes axentes na web municipal para facilitar unha canle de comunicación coa poboación”. A tal fin creouse o Portal de Participación , onde ademáis de todo o proceso do PMUS e a enquisa de mobilidade se recollen outras consultas de participación, o portal de transparencia e a consulta de datos abertos.

“Este Plan é un instrumento imprescindible para a concienciación e sensibilización social que permitirá  analizar e tomar decisions conxuntas en canto ao modelo de mobilidade sostible no noso municipio” remarcan desde o Concello.

Arquivado en