Sada realiza unha consulta sobre cobertura de fibra no municipio

25 / OUT / 2021

Sada realiza unha consulta sobre cobertura de  fibra no municipio

O Concello Sada solicitará ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformacion Dixital que teña en conta as propostas que se achegen dende a administración local

O Concello de Sada está a realizar unha consulta solicitando á veciñanza que indique que tipo de conectividade  ten tanto en fibra como móbil e poder así contar cos datos necesarios para dirixir ao Ministerio unha reclamación de maior cobertura  no municipio.

A consulta estará habilitada no Portal de Participación para recoller datos reais de cobertura de fibra no municipio e trasladalos as administracións competentes  para que inclúan as zonas sen cobertura de fibra nos seus futuros plans de despregue.

O Concello de Sada solicita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital  que teña en conta as propostas que se achegan dende o concello , posto que as últimas zonas elexidas no o concello de Sada para o Plan UNICO   son un número ínfimo en comparación coa necesidade existente.

O pasado mes de setembro o  Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital  realizaba unha consulta pública sobre a identificación de zonas de cobertura  fibra. A concellería de Participación Cidadá e Novas Tecnoloxías  achegaba entón información a esta consulta e solicitaba que se tivesen en conta as zonas de Sada que carecen de cobertura de redes móbiles que proporcionan  servizo 4G.

Sada insistía ante o Ministerio  que a súa información georreferenciada é ineficaz á hora de propoñer o despregue do último Plan. A ultima resposta da Secretaría do Estado de Telecomunicacións e infraestructuras dixitais , fai referencia á cobertura considerable  coa que conta o municipio.   'Consideramos que o erro está en recoller os datos de cobertura reportada polos operadores  sen ter en conta as características e necesidades reais dos municipios'

Ademais, recordamos que a data de finalización das empresas encargadas do despregue na actualidade reamata o 31 decembro 2021, polo que é importante que a cidadanía de Sada participe e indique cales son os niveis de cobertura na zona onde viven e cos datos obtidos na consulta agardamos desta vez que o Ministerio inclúan todas as zonas carentes de cobertura e  cumplan cos prazos previstos.

 

Arquivado en