Sada recibe ao alumnado do instituto alemán Eichenschule

21 / SEP / 2023

Sada recibe ao alumnado do instituto alemán Eichenschule

Cun “Willkommen Sada” saludou esta mañá o alcalde de Sada, Benito Portela, acompañado da concelleira de Educación, Rebeca Mouriño, ás 20 nenas e nenos do instituto alemán Eichenschule da cidade de Schiessel, localidade situada entre Hamburgo e Bremen.

Os rapaces alemáns están a realizar un intercambio escolar có IES Isaac Díaz Pardo de Sada polo que estarán aloxados nas casas dos seus compańeiros sadenses ata o vindeiro mércores. 

Neste tempo farán vida estudiantil no IES Issac Díaz Pardo, acudindo as clases, usando o transporte escolar e acudindo a actividades extraescolares. Ademáis teñen programadas visitas á fábrica das Cerámicas do Castro, a Santiago de Compostela e á cidade da Coruńa. 

No mes de abril do vindeiro año 20 estudiantes sadenses do IES Isaac Díaz Pardo devolverán esta visita e gozarán do intercambio escolar na cidade de Schiessel

Na recepción o alcalde agradeceu a visita, animou á rapazada disfrutar destes días en Sada, a facer moitas amizades. Pola súa banda a concelleira de Educación animou ao alumnado alemán a visitar algún dos lugares que se mostraron nun vídeo turístico que visualizaron no salón de plenos, Mouriño espera ademáis “que a estancia da rapazada alemana en Sada sexa inesquecible”.

Para rematar o acto o alcalde de Sada, Benito Portela, entregou á representante dos docentes alemáns unha Sardiña de O Castro en nome de todos os sadenses

 

Arquivado en