Vídeo da firma do Grupo da memoria Histórica do Parlamento Europeo no libro de honras do Concello
Sada 4 maio 2018.
O alcalde de Sada, xunto a varios concelleiros da corporación , recibiu está mañá ao Grupo da Memoria Histórica do Parlamento Europeo no Salón de Actos do Concello de Sada.
Antes da visita dos deputados europeos ao Pazo de Meirás o Alcalde Benito Portela, agradeceulles a visita e o traballo que están a levar a cabo para reverter o “anacronismo que supón que a familia do dictador siga sendo a propietaria do Pazo de Meirás”.
Portela subliñou que “o traballo deste grupo asi como todas as comisións abertas, tanto a Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás como a Comisión de Expertos do Parlamento de Galicia, son necesarias e deben complementarse e ter o obxectivo final de atopar mecanismos que permitan a devolución do Pazo ao pobo”.
En representación do Grupo Europeo a eurodeputada Izaskun Bilbao (PNV) agradeceu ao Concello de Sada a recepcion e indicou que ao igual “que no Valle dos Caídos o grupo da Memoria Histórica realizará a difusión no Parlamento Europeo da realidade do Pazo de Meirás traballando coas institución implicadas para construir un futuro mellor”.
Antes de partir cara o Pazo de Meirás, os/as eurodiputados/as firmaron no libro de honras do Concello unha declaración realizada polo eurodeputado Jordi Soler (Esquerra Republicana) en representación do grupo