Sada recibe unha subvención para o financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais 2021

12 / MAI / 2021

Sada recibe unha subvención para o financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais 2021

O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña concedeu ao Concello de Sada unha subvención correspondente ao programa FOPPSS/2021 por importe de 189.029 euros.

Mediante resolución da Presidencia n.° 14211, dO 13 de abril de 2021, publicada no BOP 70 do 16 de abril de 2021, procedeuse a conceder  as subvencións da convocatoria FOPPSS/2021: Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2021, que no tocante ao Concello de Sada ascende a 189.029 euros.

CONCELLO DE SADA 
MÓDULO Módulo subvencionado :
I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 - 18.000,00 €
I Persoal administrativo grupo C1 ou C2 -  18.000,00 €
II Persoal técnico A2 -  22.000,00 €
II Persoal técnico A2  - 22.000,00 €
III Persoal técnico A1  - 26.000,00 €
IV Persoal auxiliar SAF libre concorrencia - 83.029,32 €

TOTAL 189.029,32 €

Arquivado en