O Feirón do sábado 24 de outubro terá só os postos impares do sector textil e, atendendo ao feito de que no actual proceso de renovación de licenzas se produciron baixas que non foron remplazadas por mor da COVID-19, os postos de agroalimentación poderán acudir na súa totalidade.
Sada 23 outubro 2020
O Feirón de Sada reducirase nun 50% os vindeiros sábados sendo maior a distancia de seguridade entre postos e contando só cos postos impares do sector textil.
En cumprimento das medidas publicadas na Orde do 21 outubro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Concellaría de Promoción Económica informa de que o Feirón de Sada reducirá a súa capacidade limitando aos números impares a autorización para instalación dos postos a fin de semana do 24/10/20 e pares no do 31/10/20.
En base ao punto 3.6. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública onde se especifica que "á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o Concello poderá dar prioridade a aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade", así como "que os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación" e atendendo ao feito de que no actual proceso de renovación de licenzas se produciron baixas que non foron substituídas por mor da COVID-19, os postos de agroalimentación poderán acudir na súa totalidade.
Todos os postos deberán garantir o estrito cumprimento das normas sanitarias. Os postos de alimentación aseguraranse de que os consumidores non manipulen os produtos comercializados e os de téxtil deberán instar á desinfección de mans da clientela antes de tocar ningunha prenda, sendo obrigatorio ter o hidroxel e o cartaz informativo entregado polo Concello sobre as medidas de seguridade nun lugar visible do posto. No caso de que non conserven o cartaz ou este estea deteriorado terán á súa disposición nova cartelaría na Capela de San Roque.
O horario de peche de inverno vixente é ás 20.30 h, non estando autorizada a recollida nin o paso de vehículos antes desa hora.