O Concello de Sada, a través da concellería de Obras e Servizos, está a licitar a remodelación do parque infantil do Paseo Marítimo para disfrute dos veciños e veciñas do municipio así como para convertelo nun atractivo para a área metropolitana de A Coruña.
Licitación Parque Infantil Paseo Marítimo
Sada 10 decembro 2018
O parque obxecto desta actuación encóntrase situado entre o Paseo Marítimo da Praia de Sada e o seu núcleo urbano, e por tanto nunha zona de grande densidade de poboación residente e usuaria das vías que o rodean. En consecuencia, o citado parque soporta unha grande afluencia de usuarios e por tanto un elevado uso, incluso intenso, o cal ao longo dos anos acaba reflectíndose no desgaste e deterioro dos actuais xogos infantís, que se sitúan sobre pavimento continuo de caucho, nalgúns puntos roto e en xeral moi degradado. O peche da área efectúase mediante un valo de madeira que tamén acusa o paso dos anos.
O parque infantil existente ten uns 1000 m2, consta de dúas estruturas de madeira con escaleira, unha delas con pasarela, e tobogán, apenas tres resortes e cinco estruturas de dous pórticos para columpios, se ben non están moi deteriorados, si que necesitarían unha serie de reparacións e un pintado.
A concellería de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, leva a cabo a licitación como resposta á elevada demanda dun maior número de xogos, dado que o existente ten moi pouca capacidade en comparación cos usuarios potenciais. “Trátase, sinala Tenreiro, de remodelar o parque existente coa instalación de modernos xogos infantís de diversas temáticas, tipos de exercicio e adaptados a nenos e nenas de distintas idades e capacidades.”
As prestacións do contrato de servizos comprenden a subministración, montaxe e instalación dunha área de xogos infantís, que ocupe toda a superficie libre da actual zona de xogos, cunha superficie de 996 m2. Os distintos elementos de xogo compartirán unha liña temática, a propor polos licitadores. Terase en conta a calidade e a estética do conxunto da área, que fagan máis atractiva esta zona e melloren a súa integración entre o núcleo urbano e o paseo marítimo de Sada. Esta área de xogos contemplará diversas actividades lúdicas como trepar, escorregar, equilibrio, etc., conformando un espazo atractivo para idades de uso variables (0-14 anos).
Prestarase atención á temática dos distintos elementos de xogo, o seu “discurso” e o seu valor didáctico, ademais das súas formas, combinación de cores, versatilidade e funcionalidade, de maneira que se estimule a participación infantil, a socialización, a capacidade de entretemento e a mellora do desenvolvemento físico e cognitivo dos niños. A nova disposición distribuirá todos os elementos de xogo respectando sempre as áreas de seguridade e zonas de paso entre os mesmos.
Neste sentido os elementos de xogo concretos serán propostos polos licitadores. O seu número será de entre 12 e 20, con características diversas que permitan tanto o xogo individual como o grupal para un número total de arredor de 160 usuarios.
Por outra parte, un mínimo de cinco elementos de xogo, entre eles un carrusel, deberán estar adaptados a nenos e nenas con diversidade funcional e/ou sensorial, sen prexuízo de que se propoña un número maior por parte das empresas licitadoras. E polo menos dous destes xogos adaptados serán de uso colectivo.
As prestacións a realizar incluirán a reparación e renovación do pavimento actual, así como a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques.
Asemesmo deberá instalarse un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo. Igualmente instalarase un cartel contendo normas de uso e teléfonos de emerxencia e outra información de interese.
A licitación inclúe a revisión periodica do parque que haberá de estar inspeccionado e certificado coa fin de que se axuste integramente á lexislación e normativas vixentes.
O prazo de execución estimado é de tres meses e o presuposto base de licitación fíxase por un importe de 244.415,00 euros.