A concellería de deportes achega estas actividades deportivas as parroquias aunando a programación das propias casas do pobo para fomentar a actividade física e a participación social activa e xeracional da veciñanza nas parroquias. Para favorecer a organización das actividades a concellería ven de aprobar as primeiras bases de participación das actividades nas parroquias onde se establece tamén o cambio de datas e horarios, consensuados coas casas do pobo das parroquias, para evitar solapar a programación propia de cada parroquia.
A concelleria de Deporte, Educación e Xuventude ven de presentar as actividades nas parroquias para o curso 2023-2024 que darán comezo no mes de outubro.
A concellería de deportes achega estas actividades deportivas as parroquias aunando a programación das propias casas do pobo para fomentar a actividade física e a participación social activa e xeracional da veciñanza nas parroquias.
Pilates, zumba e ioga son las tres disciplinas que se realizarán nas casas do pobo nas que se poderá inscribir a veciñanza a partir do 1 de setembro. Reformúlase o funcionamento de participación, favorecendo a opción telemática, establecendo tamén datas fixas para as persoas inscritas facilitando así a organización das actividades por parte do monitorado, apoiados na memoria final do curso 22-23. Ademais, este cambio implica un reaxuste de prezo público que iguala os prezos de todas as actividades.
Para favorecer a organización das actividades a concellería de Deportes ven de aprobar as primeiras bases de participación das actividades nas parroquias. Nas bases destaca o cambio de datas e horarios, consensuados coas casas do pobo das parroquias, para evitar solapar a programación propia de cada parroquia e tamén a exclusividade de participación na parroquia anotada en base á memoria realizada a final do curso pasado e para facilitar o control dos monitores en cada unha de las actividades.
Ademáis das parroquias as actividades do núcleo de Sada veranse cubertas polo conxunto de disciplinas que se ofrecerá na piscina municipal tamén a partir do mes de outubro. A veciñanza poderá disfrutar da instalacion e cursos en seco que anunciaranse nos vindeiros días.
PREMA AQUÍ PARA INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN
Actividades a realizar .
- Pilates/ Zumba/ Ioga
Destinatarios/as: Veciños/as de Sada.
- Requisitos: Estar empadroado/a no concello de Sada.
Temporalización e lugar de realización:
- As actividades socioculturais e deportivas comezarán o luns día 2 de outubro de 2023 e finalizarán o venres 28 de xuño de 2024. Horario: De luns a venres (2 horas semanais)
- Lugar de realización das actividades socioculturais e deportivas: Casas do Pobo das parroquias.
Prazos:
- O prazo ordinario de pre-inscrición será do 1 ao 8 de setembro de 2023 (ambos inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida. A publicación da listaxe provisional de admitidos e de agarda, será o 13 de setembro de 2023.
Prezos:
- Os prezos de aplicación para os/as participantes nas actividades socioculturais e deportivas 2023-2024 serán os que se establezan no informe de prezo público previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais.
- (12€/MES CADA ACTIVIDAD PAGO TRIMESTRAL))