O goberno municipal proporá ao Pleno da Corporación incluir dentro da solicitude do POS+ ADICIONAL 1/2021 unha partida de 162.527,62 euros para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
Sada, 3 febreiro 2021.
O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, con data 27 de novembro de 2020, aprobou o POS+ADICIONAL 1/2021 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
Vistas as Bases reguladoras do Plan provincial o Goberno Municipal proporá ao Pleno da Corporación participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2021” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios, e solicitar a aplicación da achega provincial.
Concretamente se propoñen duas partida. A primeira para o capítulo de reforzo de persoal, técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de apoiar aos equipos actuais, por importe de 37.868,36 euros.
Sada tamén solicitará ampliar e dotar as partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás persoas con baixos ou nulos ingresos económicos en base aos baremos do Regulamento Municipal de concesión de axudas. As axudas económicas pretender asegurar a cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación, electricidade, gastos médicos ou farmacéuticos, transporte, que favorezan a integración, por importe de 124.659,26 euros.
“A crise que deixa a actual pandemia agravou a situación económica de moitas familias, indica a concelleira de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, plo que agradecemos a implicación da Deputación nesta achega que vai aliviar moitas situacións, en certo modo, cubrindo as necesidades básicas das familias."
O goberno municipal espera que a corporación apoie a proposta máxime no momento de emerxencia sanitaria no que se atopa o conxunto da cidadanía. Neste sentido se lembra que no ano 2020 o Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, suplementou con 70.000 euros o SAF de libre concorrencia e con 30.000 euros as axudas de emerxencia social.
Ademáis realizouse unha ampliación da dotación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias, para asegurar a cobertura das súas necesidades básicas, xa fosen estas de urxencia ou de inserción, por importe de 45.960,29 euros.
Por outra banda o Concello de Sada, a través das concellerías de Benestar Social e Igualdade e de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, coordinou o reparto de máscaras para as familas máis desfaorecidas do Concello entregando n total de 9.000 mascarillas nunha acción que permitiu seguir avanzando na contención da pandemia e na concienciación da cultura de protección na cidadanía.