- O alcalde Benito Portela enviou esta mañá unha carta á Consellería de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, solicitando unha reunión da comisión de seguimiento do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña para tratar o futuro das liñas que demanda o Concello de Sada e outras necesarias na comarca.
-Tal e como indicou en numerosas ocasións o alcalde de Sada, “o Concello asumiría o déficit de explotación da liña pola zona oeste do termo municipal se a Consellería de Infraestruturas e Movilidade licita e contrata a mesma”.
Ruta suxerida polo Concello de Sada para a zona oeste do Concello
(Con esta ruta solicitada á Xunta calquera veciño ou veciña de Sada podería achegarse en bus ata Sada e desde Correos ou desde o Concello tomar esta nova liña para achergarse ao Centro de Saúde e viceversa, tomar o bús no Centro de Saúde e baixar a Sada)
Sada, 29 xaneiro 2020.
Con data 23 de agosto de 2019 o Concello de Sada remitiu á Consellería de Infraestruturas e Movilidade as alegacións ao Anteproxecto de Explotación do Plan de Transporte Público de Galicia, servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada, XL881, Leste da comarca da Coruña.
Unha das alegacións que o Concello de Sada consideraba, e segue a considerar necesaria, é a inclusión dunha liña que vertebre o corredor oeste do noso termo municipal. Trátase dunha zoa absolutamente carente de alternativas ao vehículo privado, onde a súa poboación ten unha media de idade alta, da cal unha porcentaxe importante da mesma carece de permiso de conducir.
Dita línea conectaría os centros de atracción e xeradores de viaxes de tipo industrial, como son os Polígonos de Bergondo, Espíritu Santo e Arco Iris co núcleo urbano de Sada, polo que a afluencia de usuarios sería considerable, xa que daría servizo a puntos de considerable importancia como son o Centro de Saúde, o IES Isaac Díaz Pardo e a EIM Flora Ramos, así como a zoa deportiva de Sada.
O Concello de Sada propuña, e segue a propor, un trazado utilizando a estrada DP-0812 como eixo que conecte os núcleos de Espíritu Santo, Soñeiro, O Castro e Samoedo coa capital do Concello, punto onde se concentran os servizos administrativos, comerciais e de diversa índole.
“En varias ocasións indicamos a nosa intención de asumir o déficit de explotación da citada liña sempre e cando a Consellería de Infraestruturas asumise a licitación e contratación do servizo, polo que nos alegra saber que desde a Consellería que vostede dirixe estén de acordo neste punto de transcendental importancia para o noso Concello”, indica o alcalde de Sada na carta enviada á Conselleira.
O Concello de Sada achegou xunto coa carta un borrador co deseño da liña que se propón, “pero que pode ser sometido ás variacións oportunas que estimen desde a Consellería” subliña o alcalde.
Por todo o exposto, desde o Concello de Sada se solicita “unha reunión da comisión de seguimiento do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña para avanzar na creación da citada liña e para tratar outros asuntos de interés municipal e comarcal como pode unha nova liña que cubra a conexión entre varios centros de atracción e xeración de viaxes con actividade educativa, tales como son as zoas de Bastiagueiro, Elviña ou a Zapateira”.
Doutra banda o Concello de Sada considera necesaria unha maior frecuencia nas liñas actuais que operan no Concello. “Existen parroquias e lugares que dun tempo a esta parte aumentaron notablemente a poboación pero non a frecuencia das liñas de autobús que pasan polas súas cercanías” indica Portela na misiva quen engade que para Sada “é un obxetivo prioritario a mellora deste servizo e consideramos que de non atender estas solucións, a Xunta de Galicia perde unha oportunidade única de contribuír a unha mobilidade sustentable e a potenciar o uso do transporte público”.