O Concello de Sada acometerá en breve acometerá a segunda fase dos traballos de ampliación da rede no lugar de Tumbadoiro (Meirás).
As obras, que se iniciaron o pasado 18 de xullo, enmárcanse dentro do POS+ Adicional 2022 e veñen atender unha antiga demanda da veciñanza deses lugares ante a falta do servizo de abastecemento de auga.
Trátase, polo tanto, dunha obra para instalar dito servizo esencial que ven complementar outras traballos similares realizados nos últimos anos como as ampliacións feitas no Casteliño (Osedo), Cacharrete (Mosteirón), Avenida Rosalía de Castro (Sada), a primeira fase de Tumbadoiro (Meirás) e en distintos puntos da parroquia de Osedo.
Estes traballos pechan a trama da rede de abastecemento no lugar e proporcionarán servizo de auga corrente a case vinte vivendas, completando deste xeito servizos esenciais en lugares que, aínda a día de hoxe, carecen deles, sendo este tipo de obras unha prioridade para o goberno de Sada que en breve acometerá a segunda fase dos traballos de ampliación da rede no lugar de Tumbadoiro (Meirás).
O importe das dúas obras ascende á cantidade de 91.330 euros.