Onte presentouse o Programa Medioambiental nos centros escolares de Sada coa firma dun convenio entre a Reserva da Biosfera Meriñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Concello de Sada que participa a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.
Vídeo, documentos e fotos da presentación do programa medioambiental
Sada 17 outubro 2018.
Consolídase a participación de toda a comunidade educativa do Concello de Sada, a cal participará integramente neste Programa, de 75 horas totais, que inclúen a alumnado de educación primaria, secundaria e bacharelato de cinco centros diferentes.
Respecto ó Programa do ano pasado, incrementáronse e diversificáronse as temáticas que se ofrecen ós centros, aumentouse o número de alumnos/as e de aulas participantes en cada centro educativo, así como melloráronse as experiencias prácticas, materiais e visitas demostrativas.
Desde “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” estan convencidos da importancia de sensibilizar e educar en valores a toda á sociedade, pero especialmente á xuventude. E é aí onde afondaremos, buscando vixiantes ambientais da Biosfera nos centros educativos.
É necesario continuar e incrementar o traballo neste eido, permitindo que a Reserva de Biosfera conviva cos cidadáns dende a súa primeira etapa educativa, máis adiante como unha ferramenta que poida servirlles para o complemento da súa formación e a mellora da súa inserción laboral; permitíndolles tamén formar parte dun equipo de voluntariado que traballa a prol da mellora ambiental, así como dándonos a coñecer como unha entidade que tamén promove o emprego e o emprendemento no territorio. Para conseguir todo esto, é fundamental empezar desde abaixo, dende os máis cativos, sensibilizándoos en materia ambiental para lograr que nun futuro a sociedade persiga a sustentabilidade e que coas súas actuacións non comprometa as xeracións futuras.
Este Programa ten coma obxectivo de sentar unhas bases sólidas tamén no eido da educación ambiental, "agardamos, sinalaron desde a Reserva da Biosfera, que outros Concellos da Reserva de Biosfera se sumen e sigan o exemplo do Concello de Sada, promovendo este tipo de programas e actividades nos seus territorios".
Programa referente.
Representantes da UNESCO (entre eles, Mª Rosa Cárdenas Tomazic, da Secretaría do Programa MaB) resaltaron o Programa de Educación Ambiental desta Reserva de Biosfera como pioneiro e innovador, extrapolable a outras áreas a nivel mundial. E por outro lado, actualmente outras Reservas de Biosfera españolas están a mostrar o seu interese para tratar de implantar este Programa nos seus respectivos territorios. Nada máis, agardo que este Programa de Educación Ambiental será todo un éxito, e estou convencido de que así o veremos no mes de maio, cando o alumnado nos expoña os seus traballos con motivo do VI Aniversario dende a declaración pola UNESCO como Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.