Sada renovará o seu parque móbil de servizos e seguridade co plan de aforro e investimentos da Deputación

17 / MAR / 2016

Sada renovará o seu parque móbil de servizos e seguridade co plan de aforro e investimentos da Deputación

- O goberno municipal leva ao pleno extraordinario de mañá un investimento en vehículos destinados á policía local, á brigada de servizos e ao servizo de emerxencias municipal.

- A brigada de servizos municipal contará a partir de agora cun camión con guindastre, un camión con caixa volquete e unha pala con cazo, para poder realizar obras e reparacións que até o momento non se podían executar con medios propios.

 

Sada 17 marzo 2016

O pleno extraordinario de mañá xoves debaterá a proposta do goberno municipal de participar no Plan de Aforro e Investimentos (PAI) 2016 da Deputación Provincial da Coruña no seu apartado de investimentos.

Desde a concellería de Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, proponse a subministración de cinco vehículos para distintas áreas do concello ben para renovar o parque móbil existente ou ben para dotar de novos vehículos algúns servizos.

Brigada de Servizos.

A brigada de servizos, adicada ao mantemento e arranxo das distintas infraestruturas municipais, precisa para a realizacións das súas tarefas que se lle dote de vehículos adaptados ás distintas necesidades que xorden do desenvolvemento do servizo.

Tres son os vehículos solicitados, un camión con caixa aberta e guindastre hidráulico, un camión con caixa volquete, e unha pala mixta de limpeza.

No caso do camión con caixa aberta e guindastre utilizarase basicamente para a instalación e extracción das bombas de augas residuais instaladas nos diferentes pozos de bombeo do termo municipal, así como para o seu transporte. Igualmente utilizarase para transporte de mobiliario e para transporte de maquinaria destinada ás obras que se realicen.

O camión con caixa volquete está destinado ao transporte de áridos, material e maquinaria nos distintos puntos onde se realicen obras de mantemento. Igualmente servirá para os traballos de instalación ou reparación de tubaxes, arranxos de camiños ou tarefas habituais dos servizos municipais.

Finalmente suministrarase para a brigada se servizos unha pala mixta con cazo de limpeza. Na actualidade non se dispón dunha maquina destas características que é imprescindible para realizar traballos de escavación en zanxa  e pozo así como limpeza de cunetas.

Servizo de Emerxencias Municipal (SEM)

O SEM, debido a que neste momento so dispón dun só vehículo con estas características mediante lissing e que finaliza a contratación proximamente, precisa para a prestación das súas tarefas de emerxencias que se lle dote dun automóbil tipo pick-up.

Coa adquisición deste automóbil, dótase ao SEM dun vehículo para realizar os servizos de transporte de persoal, de vixilancia, e realización das súas tarefas.

Policía Local.

Dada a necesidade de contar cun novo vehículo policial tipo turismo debido ao esgotamento da vida útil dos vehículos actuais, e co equipamento correspondente, prevese a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local.

Na actualidade a Policía dispón de dous turismos, un todoterreo e dúas motos. Coa adquisición deste novo vehículo actualízase o parque móbil da Policía Local que conta cuns efectivos de 21 profesionais e tan só tres turismos con numerosos quilómetros e importantes avarías que aconsellan a súa baixa por ser moi custoso o seu mantemento.

Orzamento

En total o Concello de Sada solicita dentro do Plan de aforro e Investimentos da Deputación un orzamento total de 150.000€ para a adquisición do cinco vehículos. 

Arquivado en