- Os actos que se celebran no Concello de Sada, a petición da concellaría de Promoción Económica e Turismo na Xunta Directiva da Asociación Mariñas-Betanzos, desenvolveranse no mes de maio con motivo do III Aniversario do recoñecemento pola UNESCO deste territorio como Reserva Mundial da Biosfera.
- CARTAZ III ANIVERSARIO RESERVA BIOSFERA
- BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA RESERVA BIOSFERA
- BASES CONCURSO VÍDEOS RESERVA BIOSFERA
Sada 4 mayo 2016
O 28 de maio de 2013 dábase a coñecer na sede da UNESCO, dentro da sesión do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere), que por unanimidade o consello apoiaba a candidatura das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para declarala Reserva da Biosfera. A UNESCO destacaba no seu ditame favorable, "o gran consenso social que alcanzou o GDR na candidatura resaltando o papel activo dos 18 concellos".
Tres anos despois e a petición do concelleiro sadense Xosé Lois Suárez Becerra, representante do Concello de Sada na Xunta Directiva da Asociación Mariñas-Betanzos celebrada o pasado 14 de decembro de 2015, os actos do aniversario do recoñecemento como Reserva da Biosfera celebraranse en Sada.
As actividades do terceiro aniversario comenzaron coa exposición "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" que pode contemplarse na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Seguirán este venres coa proxección dun documental na Capela de San Roque e durante a semana do 23 ao 29 de maio se levarán a cabo un total de dez actuacións dirixidas ao alumnado dos distintos centros escolares así como ao público en xeral para difundir os valores da Reserva da Biosfera. Visitas, plantacións, exposicións, concursos, catas e un acto final de entrega de premios do Maratón Ornitolóxico da Reserva da Biosfera compoñen o extenso programa de actividades.
Actividades a desenvolver
Dentro da decena de actividades establécense dous programas de visitas. O primeiro dirixido a alumnos/as de Educación Secundaria e que levará a cabo do 23 ao 27 de maio para coñecer a Reserva da Biosfera e o segundo a desenvolver durante o fin de semana da Exaltación de Produtos da Reserva, en colaboración con la Oficina de Turismo do Concello de Sada. Ademais, e tamén dirixido a alumnos de infantil e primaria, realizarase unha plantación simbólica de árbores autóctonas.
Outra das iniciativas é ciclo de cinema “Butaca verde” a desenvolver nos centros culturais do Concello de Sada en colaboración co CEIDA.
Dúas exposicións poderanse contemplar neses días. A exposición da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” dirixida ao público en xeral e na que se difunden os valores da Reserva. E como acto central, a exposición e exaltación de produtos da Reserva. A celebrar os días 28 e 29 de maio, co obxectivo de que participen aqueles produtores e emprendedores susceptibles de incorporarse na Marca de Calidade da Reserva da Biosfera.
A Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo conta con 116.724 hectáreas repartidas nos 17 municipios que conforman actualmente a reserva. Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oza-Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Unha cata comentada de produtos cultivados nos territorios destes municipios e a degustación dos mesmos será outra das iniciativas a desenvolver durante dous días da Exposición de produtos.
O lado saudable virá coa andaina “A ritmo de marcha Nórdica” en colaboración con asociacións do territorio para promover hábitos de vida saudables entre a poboación.
Dentro das actividades organizadas para celebrar o terceiro aniversario da Reserva prográmase un concurso de vídeos de temática ambiental e de desenvolvemento sustentable. Dirixido ao público xeral búscase que con vídeos, dun máximo de 3 minutos, os participantes fagan fincapé na sensibilización ambiental da cidadanía e que sexa un exemplo de divulgación ambiental.
Finalmente celebrarase o 28 de maio un acto final de entrega de premios do Maratón Ornitolóxica de Biosfera. Esta actividade faise en colaboración co Grupo naturista Hábitat.