Sada sede por segundo ano dos concertos de "Elas Son Artistas"

28 / FEB / 2019

Sada sede por segundo ano dos concertos de "Elas Son Artistas"

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura, organizado por tres empresas galegas no que as mulleres creadoras son as protagonistas e no que buscase un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos.

Sada 28 febreiro 2019.

Serán 9 días de actividades que van do 24 de maio ao 2 de xuño, día no que finaliza o Festival no Teatro Colón da Coruña coa actuación de Amparanoia e que en Sada disfrutaremos sábado 1 xuño, a partir das 19:00 horas na Tarraza Café-Jazz coas actuacións de Marem Ladson e Exire Danza e a poetisa Lúa Mosquetera.

“Desde a concellería de Benestar, sinala Isabel Reimundez, estamos encantadas de acoller un ano mais a este festival que pon en valor a tan invisibilidade figura de muller no mundo das artes. Contamos de novo ca gran colaboación do Movemento Cultutal ESPERTO que sen eles, este festival non tería a  gran acollida que ten”

Pola súa banda desde o movemento cultural ESPERTO indican que “están orgulloso de participar e de apoiar, por segundo ano consecutivo, unha iniciativa tan necesaria coma ésta, onde se reivindica e visibiliza o papel das mulleres no mundo do arte, cun cartazo no que se  respira arte por tódolos costados, e moi felices de poder contar no seu pobo coa axuda de Isabel Reimúndez, concelleira de Igualdade e Benestar social para poder traer a nosa villa ,a emerxente cantante Marem Ladson, triunfando en todo o país, a voz,a calma... e a poetisa Lúa Mosquetera, garra, forza,  sensibilidade...mixtura, arte con arte, sinerxias, futuro, porque isto o fin e o cabo é ESPERTO, algo que non deixará a ninguén indiferente”.

Durante eses días Elas Son Artistas ofrecerá 20 propostas que van dende a música punk ata a narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica e creativa ou unha performance pictórica dunha artista sevillana inspirada en Emilia Pardo Bazán. Haberá monólogos, swing, folk galego, unha xornada profesional enmarcada no ciclo A Cultura é un dereito que organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña.

E todo iso circulando por seis concellos da área metropolitana de A Coruña e combinando propostas de pago (50 abonos dispoñibles a un prezo de 44€ que se poden reservar a través de entradas@salamardigras.com) con outras de acceso libre. Un evento con artistas dende Estados Unidos, Portugal, México (ainda que afincada en Madrid), Catalunya, Madrid, Andalucía e moitas propostas galegas.

Elas Son Artistas non se parece a case nada. Hai que vivilo e deixarse emocionar.

Ademáis da festa de presentación o sábado 2 de marzo coa banda de Nova Iork, The Last Internationale na Sala Mardi Gras, e outra o 28 de abril, e sen descartar algún evento previo ás datas do festival, esta é a oferta artística:

Venres 24 maio - Inauguración na Sala Mardi Gras coas lisboetas Anarchicks

Sábado 25 maio - Cambre 12:30 Blues do País // 18:00 Bergondo: Rosa Cedrón // 20:00 Oleiros Mabel Flores  // 22:30 Sala Mardi Gras Estrogenuinas + banda convidada

Luns 27 maio - Obradoiro de escritura terapéutica e creativa (Andrea Pazos). 21:00 Niñas de la Risa e Izquierdo Sisters

Martes 28 maio - Carmen Conde presenta Tabú ( Forum Metropolitano de A Coruña)

Mércores 29 maio -  Xornada Profesional A Cultura é un dereito “Boas prácticas de igualdade no Sector cultural”. Pazo de Mariñán.

21:00 Quinteto Invento (músia clásica) en Sala Mardi Gras

Xoves 30 maio - 19:30 Performance pintura e escritura no Concello da Coruña ao aire libre.

22:00 e 23:00 Jazz Filloa: Ejazz (jazz vocal)

Vernes 31 maio - Arteixo: 20:00 Marina Gundin & The Misters (swing)

22:30  Sala Garufa Club: The Lucilles (Soul - México /Madrid)

Sábado 1 xuño

Sada: 19:00 Marem Ladson, Lúa Mosquetera  e Exire Danza na Terraza Café-Jazz

22:30 Stacei Collins na Sala Mardi Gras

Domingo 2 xuño - 21:00 Amparanoia (Teatro Colón) - Entradas xa á venta en Ataquilla e Ticketea.

Nos eventos colabora a Deputación  e os concellos de A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Oleiros e Sada. Colabora ademáis nesta iniciativa unha pequena empresa de Sada chamada Strools adicada á pavimentación e materiais de pintura cuxo empresario desexa aportar este mecenazgo á cultura.

Arquivado en