A día de hoxe gran parte da cidadanía galega de entre 12 e 30 anos está a recibir no seu domicilio o Carné Xove cunha relación de puntos de activación. Pero os puntos de activación están conxestionados dando citas previas para máis alo dun mes, prazo máximo do que se dispón para a activación.
A Consellería de Política Social enviou o Carné Xove a a toda a mocidade galega pero comunicaba que ás OMIX xa non realizarían os trámites de activación nin expedirían mais tarxetas ata o envío xeral.
Sada, 12 de xuño 2021.
Estos días a Xunta de Galicia está a enviar o Carne Xove aos domicilios da cidadanía de entre 12 e 30 anos. Este carne ten que ser activado prinicipalmente nas Casas da Xuventude xestionadas pola Xunta, sen embargo hai un par de OMIX no listado. O criterio para a elección destes puntos de activación foi ter a impresora para incorporar o numero EYCA ao carné.
A Concellería de Mocidade, xestionada por Rebeca Mouriño, lembra que no mes de decembro recibiu unha carta informativa en relación ao envío de oficio por parte da Consellería de Política Social do Carné Xove a toda a mocidade galega, onde se comunicaba que ás OMIX xa non realizarían os trámites nin expedirían mais tarxetas ata o envío xeral. Sen embargo nada se comunicaba acerca da posibilidade de ser un punto de activación.
A día de hoxe é gran parte da cidadanía galega de entre 12 e 30 anos a que está recibindo no seu domicilio o carné cunha relación de puntos de activación. Pero diría centros están conxestionados dando citas previas para dentro de máis dun mes, prazo máximo do que se dispón, según a carta, para a activación.
Para a concelleira de Mocidade a situación é un pouco caótica. “Lanzan unha campaña masiva complicada de xestionar, moitos envíos e poucos puntos de activación” e engade que “o Concello de Sada primeiro, lamenta a falta da informacion ás oficinas municipais de informacion xuvenil (OMIX), que somos punto de referencia dos nosos municipios, e segundo solicita ser un punto de activación para ofrecer este servizo á cidadanía de Sada”, como xa trasladou á Consellería de Política Social.
Na carta enviada á Concellería de Política Social, a concelleira solicita recibir información necesaria para poder ser punto de activación ou ben poder facilitarlle a cidadanía outro xeito de proceder para axilizar a activación xestionandoo dende a Omix . “A OMIX de Sada mostra o seu total ofrecemento e dispoñibilidade para para maior axilidade e mellora do servizo” remata Mouriño.
Namentras non o concedan, infómase aos vecinos e veciñas de Sada que o Carné Xove se activa en Betanzos como municipio mais cercano. Deberase solicitar cita previa no teléfono: 881 880 279 / espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal . O horario de atención é de 16:00 a 21:00h actualmente e desde o 1 de xullo de 9:00 a 14:00h.