SADA SORTEA 1.000 EUROS POR COMPRAR EN EL COMERCIO LOCAL ESTAS NAVIDADES

27 / NOV / 2024

SADA SORTEA 1.000 EUROS POR COMPRAR EN EL COMERCIO LOCAL ESTAS NAVIDADES

A Concellería de Promoción Económica anuncia un sorteo de 1.000 euros con motivo da Campaña de Promoción do Comercio no Nadal, que comezará o día 5 de decembro e rematará o día 24, ás 12:00 horas.

1º PREMIO:

O premio será 1000€ 

 

2º PARTICIPANTES:

a)Comercios: Establécese a necesidade de inscrición previa dos establecementos comerciais que queiran adherirse a esta campaña. O motivo é de carácter organizativo para coñecer previamente o número de material necesario, así como organizar a distribución do mesmo. Abrirase un prazo de inscrición para os establecementos que queiran adherirse a esta convocatoria que irá do mercores 27 de Novembro ata o martes, 3 de decembro. O Comercio poderá apuntarse presentando unha solicitude xeral de inscrición pola Sede Electrónica do Concello de Sada. A distribución entre os comercios inscritos do material promocional farase o xoves 5 de Decembro

b)Público: Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que adquiran bens ou servicios por valor superior aos 30 € nos establecementos comerciais participantes e situados no municipio de Sada. 

Os participantes deberán presentar a rifa co número que resulte seleccionado tralo sorteo que terá lugar no Terceiro Andar do Edifico Municipal de uso administrativo e cada rifa deberá ter o seu ticket de compra corrrespondente e pertencente aos establecementos participantes. Os responsables dos establecementos comerciais e os familiares directos de 1º grao non poderán participar no sorteo con tíckets do seu propio establecemento.

 

3º CELEBRACIÓN DOS SORTEOS E ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez finalizado o período establecido de compras, no lugar e hora que se publicará na web e nas redes sociais do Concello, en acto público extraerase un tícket gañador (e tres de reserva por posibles renuncias) ante un empleado municipal que actuará como Secretario e o Concelleiro de Promoción Económica, ou persoa en quen delegue. O premio será de 1000 € adxudicado a un único ticket resultante do sorteo e terá que adxuntarse o seu corrrespondente Ticket de compra.

O titular do premio deberá recollelo no lugar indicado pola organización no momento da comunicación do premio xunto ao sei DNI e certificado bancario. 

No caso de non poder acudir o titular, poderaos recoller outra persoa con autorización do mesmo e fotocopia do DNI. No caso contrario, entenderase que renuncia ao mesmo e procederase a chamar ao titular de reserva correspondente ao premio.

 

4º CONFORMIDADE:

A participación neste sorteo implica a plena conformidade e aceptación destas bases. A Concellería de Promoción Económica resérvase o dereito de modificar as datas e horarios das presentes bases. 

 

5º FISCALIDADE.

Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente; polo tanto, a dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda. A mera participación nestes sorteos supón a plena aceptación das presentes bases que rexen a campaña, así como de todo o disposto nas mesmas a tódolos efectos. O incumprimento destas bases supón a privación de todos os dereitos que podan derivar da participación na campaña.

Segundo.- Proceder a dar publicidade as bases nos termos previstos nas mesmas.

Terceiro.- Comunicar para o seu coñecemento e efectos a presente Resolución aos departamentos que correspondan.

Arquivado en