O pasado 24 de decembro celebrouse o sorteo dos 1.000€ da Campaña de Nadal que promove a Concellería de Promoción Económica para potenciar o comercio local , resultando gañador dos 1.000 euros o ticket co número 609. O sorteo tamén indicou que os números reserva son: Primer reserva: 915, Segundo reserva: 412, Tercer reserva: 1.824
A CAMPAÑA DE NADAL DE APOIO AO COMERCIO LOCAL do Concello de Sada rematou o pasado 24 de decembro ás 12:00 horas e logo do sorteo resultou gañador dos 1.000 euros o ticket co número 609. O sorteo tamén indicou que os números reserva son: Primer reserva: 915, Segundo reserva: 412, Tercer reserva: 1.824
O premio de 1000 € adxudicado ao ticket 609 resultante do sorteo terá que adxuntarse ao seu corrrespondente Ticket de compra. O titular do premio deberá recollelo no Concello de Sada os días 26 e 27 de decembro nos oficinas da Concellería de Promoción Econimica e Turismo. Deberá acudir provisto do seu DNI e certificado bancario. No caso de non poder acudir o titular, poderaos recoller outra persoa con autorización do mesmo e fotocopia do DNI.
No caso contrario, ou non acudir a recoller o premio antes das 14:00 horas do 27 de decembro, entenderase que renuncia ao mesmo e procederase a chamar ao primer reserva correspondente ao premio. Dende a concellería de Promoción Económica tamén solicitan as personas que teñan os números de reserva se poñan en contacto con concellería para ter os seis datos por si é necesario avisalos
BASES DO SORTEO
1º PREMIO:
O premio será 1000€
2º PARTICIPANTES:
a)Comercios: Establécese a necesidade de inscrición previa dos establecementos comerciais que queiran adherirse a esta campaña. O motivo é de carácter organizativo para coñecer previamente o número de material necesario, así como organizar a distribución do mesmo. Abrirase un prazo de inscrición para os establecementos que queiran adherirse a esta convocatoria que irá do mercores 27 de Novembro ata o martes, 3 de decembro. O Comercio poderá apuntarse presentando unha solicitude xeral de inscrición pola Sede Electrónica do Concello de Sada. A distribución entre os comercios inscritos do material promocional farase o xoves 5 de Decembro
b)Público: Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que adquiran bens ou servicios por valor superior aos 30 € nos establecementos comerciais participantes e situados no municipio de Sada.
Os participantes deberán presentar a rifa co número que resulte seleccionado tralo sorteo que terá lugar no Terceiro Andar do Edifico Municipal de uso administrativo e cada rifa deberá ter o seu ticket de compra corrrespondente e pertencente aos establecementos participantes. Os responsables dos establecementos comerciais e os familiares directos de 1º grao non poderán participar no sorteo con tíckets do seu propio establecemento.
3º CELEBRACIÓN DOS SORTEOS E ENTREGA DE PREMIOS
Unha vez finalizado o período establecido de compras, no lugar e hora que se publicará na web e nas redes sociais do Concello, en acto público extraerase un tícket gañador (e tres de reserva por posibles renuncias) ante un empleado municipal que actuará como Secretario e o Concelleiro de Promoción Económica, ou persoa en quen delegue. O premio será de 1000 € adxudicado a un único ticket resultante do sorteo e terá que adxuntarse o seu corrrespondente Ticket de compra.
O titular do premio deberá recollelo no lugar indicado pola organización no momento da comunicación do premio xunto ao sei DNI e certificado bancario.
No caso de non poder acudir o titular, poderaos recoller outra persoa con autorización do mesmo e fotocopia do DNI. No caso contrario, entenderase que renuncia ao mesmo e procederase a chamar ao titular de reserva correspondente ao premio.
4º CONFORMIDADE:
A participación neste sorteo implica a plena conformidade e aceptación destas bases. A Concellería de Promoción Económica resérvase o dereito de modificar as datas e horarios das presentes bases.
5º FISCALIDADE.
Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente; polo tanto, a dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda. A mera participación nestes sorteos supón a plena aceptación das presentes bases que rexen a campaña, así como de todo o disposto nas mesmas a tódolos efectos. O incumprimento destas bases supón a privación de todos os dereitos que podan derivar da participación na campaña.
Segundo.- Proceder a dar publicidade as bases nos termos previstos nas mesmas.
Terceiro.- Comunicar para o seu coñecemento e efectos a presente Resolución aos departamentos que correspondan.