14 / XUN / 2016
O Concello de Sada convocou unha concentración o pasado martes 14 de xuño na Praza de San Roque na que se gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Orlando, e en mostra de solidariedade coas vítimas e con toda a comunidade LGTB.
O ataque, que tivo lugar o pasado domingo nun club nocturno en Orlando (Florida), acabou coa vida de 50 persoas e deixou a outras 53 feridas. Sada sumase á dor das vítimas de Orlando e expresa a súa repulsa por un crime homófobo onde unha vez máis o colectivo LGTB sofre o odio e a homofobia pola súa condición sexual.