Sada suspende de novo o Feirón por mor da COVID19

21 / ENE / 2021

Sada suspende de novo o Feirón por mor da COVID19

O aumento de casos na vila e na comarca obrigan ao goberno municipal a cancelar a feira semanal ata novo aviso en coherencia coas recomendación de autoconfinamento que lanzan as autoridades sanitarias.

Sada, 21 xaneiro 2020.

Sada vese na obriga de voltar cancelar o Feirón a causa do crecemento no número de contaxios na vila que hoxe chegaron a 111 contabilizados nos últimos 14 días. O goberno municipal anunciou o pasado martes 19 diversas medidas, a maiores das anunciadas polo Nivel Máximo de restriccións, entre as que se atopa a suspensión ata novo aviso desta feira municipal.

Desde a Concellería de Promoción Económica lamentan os contratempos que isto pode supoñer para os propios vendedores e outros sectores que se podan ver afectados tendo en conta que se trata dunha actividade que conleva a movilidade dun gran número de persoas.

Sectores aos que a Concelleira de Promoción Económica, Laura Rodríguez, agradece o seu respaldo xa que “tras diferentes reunións manifestaron a súa comprensión e conformidade coa medida que esperan sexa efectiva para poder retomar a súa actividade comercial á menor brevidade posible”.

O Feirón de Sada xa fora cancelado en dúas ocasións desde que comezou a pandemia, en marzo e en agosto do 2020 e na actualidade desenvolviase limitado ao 50% dos postos habituais autorizados.

Laura Rodríguez reitera que as feiras ao aire libre son espazos seguros sen a masificación que habitualmente hai noutro tipo de áreas comerciais pechadas. Esta suspensión temporal, segundo indica,  “pretende ser coherente co chamamento ao autoconfinamento por parte das autoridades sanitarias”.

 

 

Arquivado en