Sada foi o municipio de Galicia que contou co saldo migratorio interno (habitantes que chegan doutros concellos de Galicia fronte aos que se van) máis alto en 2019 con 188 persoas máis e o sexto en 2020 con 171 máis.
Hai un ano a actualización dos datos do censo electoral no Instituto Nacional de Estatística avanzaba que centos de galegos mudáronse entre marzo e agosto desde as cidades a municipios máis pequenos
O saldo demográfico que publicou esta semana o IGE confírmao: as sete grandes urbes de Galicia perderon veciños cara a outros concellos que os recibiron. No caso de Vigo e A Coruña chegaron a ser máis de 2.000 persoas menos. En cambio Sada, Oleiros, Valdoviño ou Nigrán, presentaron un saldo migratorio interno (habitantes que chegan doutros concellos de Galicia fronte aos que se van) superior a 300 nos dous últimos anos. Son cifras moi superiores ás que afacían presentar.
Sada foi o municipio de Galicia que contou co saldo migratorio interno máis alto en 2019 con 188 persoas máis e o sexto en 2020 con 171 máis. Suma nos dous anos un total de 359 habitantes máis que chegan doutros concellos de Galicia fronte aos que se foron e colocándose, nese período de tempo, como terceiro concello de Galicia con mellor saldo.