A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimúndez anima a asociacións, clubs deportivos, axentes sociais, establecementos comerciais, de hostalaría ou calquera colectividade do municipio a participar nesta campaña.
Formulario en liña para participar en Sada en Negro 2019
Mail de participación Sada en Negro 2019
Sada, 7 novembro 2019.
Con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres o Concello de Sada, súmase á campaña "En Negro contra as violencias", como vén facendo desde 2016.
O obxectivo é amosar o rexeitamento de toda a sociedade sadense ante a violencia contra a muller, e consistirá en tinguir de negro o noso municipio como sinal de dor por todas as vítimas da violencia machista.
Asociacións, clubs deportivos, axentes sociais, establecementos comerciais, de hostalaría ou calquera colectividade do municipio que queira participar, poden enviar un correo electrónico antes do 14 de novembro cos datos do establecemento ou entidade (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono), para informarse e pedir material que repartiremos na medida das nosas posibilidades.
A ese mesmo correo podedes mandar fotos e vídeos do voso colectivo con carteis ou camisetas negras ou do voso establecemento tinguido de negro, para dar visibilidade á acción desde as redes sociais.Para calquera dubida chamar ao número de teléfono de Servizos Sociais 981620567.
Ademais, toda a veciñanza pode sumarse, a nivel individual, colocando ornamentación negra, colgando roupa negra nos balcóns, difundindo a campaña nas redes sociais, e por suposto, achegando ideas para que do 18 ao 25 de novembro consigamos tinguir Sada de negro.
En palabras da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimúndez: “gustaríanos poder contar coa vosa participación,un ano mais, indispensable para que esta mensaxe chegue a todos os recunchos da nosa vila e sociedade polo que necesitamos conseguir a máxima difusión da campaña”.
A acción está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad e o Pacto contra a Violencia de Xénero.