-O Concello de Sada ven de publicar no Boletín Oficial da Provincia as reguladoras de subvencións dirixidas ás entidades deportivas para o ano 2018. O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.
Sada 26 outubro 2018.
Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades deportivas municipais sen ánimo de lucro o Concello de Sada convova as axudas na área de Deportes co obxeto de dar apoio ás entidades deportivas e contribuír a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, impulsando a igualdade e democratización da sociedade.
A convocatoria, realizada pola concellería de Deportes, márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións sendo prioritarias as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento de actividades de fomento do deporte en colectivos tradicionalmente olvidados.
A concelleira de Deportes, Zeltia García, destaca que este ano a concellería potenciará no otourgamento das subvencións “a capacidade de integración do deporte” valorando a relación contractual das monitoras, o fomento do deporte feminino, o fomento do deporte en colectivos en risco de exclusión social e a promoción do deporte adaptado.
“É importante, destacou Zeltia García, potenciar certos sectores, que tradicionalmente non constan no otourgamento das axudas, para deixar claro o compromiso desta concellería e deste goberno coa integración no deporte tanto das mulleres como das persoas que practican deportes adaptados ou colectivos en risco de exclusión social”.
Ademáis a concellería de Deportes valorará positivamente a interacción coa sociedade das entidades concorrentes; o asentamento no Concello de Sada (número de anos con actividade fundamental desenvolvida no termo municipal; a adecuación das actuacións ó interese municipal e o interese para o sistema deportivo e social, en función dos fins e necesidades que o Concello de Sada considera para o mesmo, e tendo en conta a interacción da entidade solicitante, e o impacto sobre a xestión do mesmo.
Finalmente otourgaranse puntos pola colaboración das entidades co Concello e a Concellería de Deportes en actividades deportivas desenvolvidas por estes e o número de licencias federativas de cada entidade.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de dez días.