SAMAÍN 2022 EN SADA

18 / OUT / 2022

SAMAÍN 2022 EN SADA

O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so SAMAÍN 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 1 de novembro.

VENRES 28 OUTUBRO

DANZAS DE MEDO

Auditorio Casa cultura:

17.30 - Escola Danza - Carmen López O Samaín Danzado

19.30 - Escola Danza - Sadanza: os Bailes de Medo

 

UNHA NOITE NO CAMPOSANTO (ADIADO POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)

Por mor da prediccións meteorolóxicas do vernes (alerta amarela con choivas persistentes debido a un frente moi activo) vémonos na obriga de adiar a visita cultural ao cemiterio municipal. A previsión é poder encaixala noutra data, segundo a dispoñibilidade da AC Irmáns Suárez Picallo. 

 

SÁBADO 29 OUTUBRO

MORTOS NA VILA : UNHA NOITE DE PUNK ROCK (CAMBIO DE UBICACIÓN POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)

20.30 - Capela de San Roque  - Concertos de  OVERLOOK 237 e GRAXA

 

LUNS 31 OUTUBRO

TRUCO OU TRATO 

A partir das 17.00 nas rúas de Sada Descobre os acertixos de SAMAÍN na búsqueda de lambetadas

Inscrición para os comercios locais na I Xincana Samaín

 

PASARRÚAS DE MEDO

18:30 - Nas rúas de Sada A cargo das Escolas de Danza

 

O BOSQUE ENCANTADO (CAMBIO DE UBICACIÓN E HORA POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)  

19.00-22:00  - Casa da Cultura (entrada polo portón traseiro de carga e descarga). Recomendado para maiores de 12 anos

 

SAMAÍN NAS PARROQUIAS:

A Concellería de Mocidade leva ademáis actividades aos Magostos que organizan as distintas asociacións veciñais.

  • O Castro: Domingo 30 de outubro ás 17:30 nas pistas polideportivas. Contacontos "A Maleta de Samaín" 

 

O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so Samaín 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 5 de novembro, tanto no centro urbano como nas parroquias.

Como novidade, este ano prográmase unha visita nocturna ao camposanto do Fiunchedo. A visita guiada, destinada á  rapazada maior de 14 anos e para a que é necesario inscribirse na web municipal, terá lugar o venres 28 de outubro a partir das 20:30 e contarase coa colaboración da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

O percorrido polo camposanto achegaranos ás circunstancias nas que se construíu, en 1909, para coñecer as súas características como un espazo representativo da comunidade que vive ao seu redor, e adentrarnos nas historias dalgúns dos seus "habitantes".

Antes desta actividade as rúas de Sada encheranse de colorido e de música coas “danzas de medo” a cargo das escolas de danza do municipio. Ás 17:30 a escola de Carmen López realizará o “Samaín Danzado” e ás 19:30 Sadanza os “Bailes de Medo”. A música chegará tamén o sábado 29 co concerto MORTOS NA VILA, UNHA NOITE DE PUNK ROCK a partir das 20.30 na Rúa da Praia coa participación dos grupos OVERLOOK 237 e GRAXA.

Unha das actividades preferidas polas familias nesta festa é o “Truco ou trato” que se levará a cabo o luns 31 de outubro a partir das 17:00 horas percorrendo os comercios e locais hostaleiros do centro urbano. Haberá que descobrir os acertixos de Samaín na búsqueda de lambetadas nunha actividade inclusiva onde participarán entidades que traballan con personas con diferentes discapacidades.

A tarde do luns estará animada desde as 18:30 con pasarrúas de medo a cargos das escolas de danza e posteriormente ás 20:30 a zona do Curruncho convertirase no “Bosque Encantado” nunha actividade recomendada para maiores de 12 anos.

Dende a concellería de Mocidade sinalan que “perderse nun bosque é un pesadelo que ninguén quixera padecer, pero se o bosque está cheo de criaturas insólitas un medo terrorífico percorrerá o noso corpo dende o primeiro paso”

O Samaín nas parroquias.

Por outra banda, o Concello de Sada, a través da concellería de Mocidade, retoma  as celebracions nas parroquias colaborando coas asociacións veciñais, que organizan os magostos, programando actividades lúdicas para achegar esta festa tradicional a un público familiar

Como parte do programa de dinamización iniciado na pandemia, o Concello colabora coas asociacións  nesta celebración que une histoia, cultura e tradición. 

Música é castañas serán os protagonistas das parroquias xunto as diferentes actividades para nenas e nenos.  Contacontos, scape room,  obradoiros de cocina e xogos tradicionais serán as propostas para desfrutar destas celebracions nas parroquias do municipio.

Así, o sábado 29 de outubro ás 11:00 na Casa do Pobo de Meirás prográmase un obradoiro de repostería infanti. Ao día seguinte, domingo 30 ás 17:00 nas pistas polideportivas de Mondego, haberá un rebumbio de xogos e ás 17:30 nas pistas polideportivas de O Castro o contacontos "A Maleta de Samaín". As actividades nas parroquias continuarán o martes 1 de novembro ás 16:30 na casa do pobo de Veigue onde se programa un xogo de enigmas (Scape Room) que tamén se programa en Carnoedo o sábado 5 de novembro.

Arquivado en