O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so SAMAÍN 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 1 de novembro.
VENRES 28 OUTUBRO
DANZAS DE MEDO
Auditorio Casa cultura:
17.30 - Escola Danza - Carmen López O Samaín Danzado
19.30 - Escola Danza - Sadanza: os Bailes de Medo
UNHA NOITE NO CAMPOSANTO (ADIADO POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)
SÁBADO 29 OUTUBRO
MORTOS NA VILA : UNHA NOITE DE PUNK ROCK (CAMBIO DE UBICACIÓN POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)
20.30 - Capela de San Roque - Concertos de OVERLOOK 237 e GRAXA
LUNS 31 OUTUBRO
TRUCO OU TRATO
A partir das 17.00 nas rúas de Sada Descobre os acertixos de SAMAÍN na búsqueda de lambetadas
Inscrición para os comercios locais na I Xincana Samaín
PASARRÚAS DE MEDO
18:30 - Nas rúas de Sada A cargo das Escolas de Danza
O BOSQUE ENCANTADO (CAMBIO DE UBICACIÓN E HORA POR MOR DAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS)
19.00-22:00 - Casa da Cultura (entrada polo portón traseiro de carga e descarga). Recomendado para maiores de 12 anos
SAMAÍN NAS PARROQUIAS:
A Concellería de Mocidade leva ademáis actividades aos Magostos que organizan as distintas asociacións veciñais.
- Meirás: Sábado 29 de outubro ás 11:00 na Casa do Pobo. Obradoiro de Repostería infantil
- Mondego: Domingo 30 de outubro ás 17:00 nas pistas polideportivas. Rebumbio de xogos
- O Castro: Domingo 30 de outubro ás 17:30 nas pistas polideportivas. Contacontos "A Maleta de Samaín"
- Veigue: Martes 1 de novembro ás 16:30 na Casa do Pobo. Xogo de enigmas (Scape Room)
- Carnoedo: Sábado 5 de novembro ás 17:00 na Casa do Pobo. Xogo de enigmas (Scape Room)
O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so Samaín 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 5 de novembro, tanto no centro urbano como nas parroquias.
Como novidade, este ano prográmase unha visita nocturna ao camposanto do Fiunchedo. A visita guiada, destinada á rapazada maior de 14 anos e para a que é necesario inscribirse na web municipal, terá lugar o venres 28 de outubro a partir das 20:30 e contarase coa colaboración da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
O percorrido polo camposanto achegaranos ás circunstancias nas que se construíu, en 1909, para coñecer as súas características como un espazo representativo da comunidade que vive ao seu redor, e adentrarnos nas historias dalgúns dos seus "habitantes".
Antes desta actividade as rúas de Sada encheranse de colorido e de música coas “danzas de medo” a cargo das escolas de danza do municipio. Ás 17:30 a escola de Carmen López realizará o “Samaín Danzado” e ás 19:30 Sadanza os “Bailes de Medo”. A música chegará tamén o sábado 29 co concerto MORTOS NA VILA, UNHA NOITE DE PUNK ROCK a partir das 20.30 na Rúa da Praia coa participación dos grupos OVERLOOK 237 e GRAXA.
Unha das actividades preferidas polas familias nesta festa é o “Truco ou trato” que se levará a cabo o luns 31 de outubro a partir das 17:00 horas percorrendo os comercios e locais hostaleiros do centro urbano. Haberá que descobrir os acertixos de Samaín na búsqueda de lambetadas nunha actividade inclusiva onde participarán entidades que traballan con personas con diferentes discapacidades.
A tarde do luns estará animada desde as 18:30 con pasarrúas de medo a cargos das escolas de danza e posteriormente ás 20:30 a zona do Curruncho convertirase no “Bosque Encantado” nunha actividade recomendada para maiores de 12 anos.
Dende a concellería de Mocidade sinalan que “perderse nun bosque é un pesadelo que ninguén quixera padecer, pero se o bosque está cheo de criaturas insólitas un medo terrorífico percorrerá o noso corpo dende o primeiro paso”
O Samaín nas parroquias.
Por outra banda, o Concello de Sada, a través da concellería de Mocidade, retoma as celebracions nas parroquias colaborando coas asociacións veciñais, que organizan os magostos, programando actividades lúdicas para achegar esta festa tradicional a un público familiar
Como parte do programa de dinamización iniciado na pandemia, o Concello colabora coas asociacións nesta celebración que une histoia, cultura e tradición.
Música é castañas serán os protagonistas das parroquias xunto as diferentes actividades para nenas e nenos. Contacontos, scape room, obradoiros de cocina e xogos tradicionais serán as propostas para desfrutar destas celebracions nas parroquias do municipio.
Así, o sábado 29 de outubro ás 11:00 na Casa do Pobo de Meirás prográmase un obradoiro de repostería infanti. Ao día seguinte, domingo 30 ás 17:00 nas pistas polideportivas de Mondego, haberá un rebumbio de xogos e ás 17:30 nas pistas polideportivas de O Castro o contacontos "A Maleta de Samaín". As actividades nas parroquias continuarán o martes 1 de novembro ás 16:30 na casa do pobo de Veigue onde se programa un xogo de enigmas (Scape Room) que tamén se programa en Carnoedo o sábado 5 de novembro.