SAMAÍN SADA 2024

31 / OUT / 2024

SAMAÍN SADA 2024

Programación do SAMAÍN 2024 en Sada.

PROGRAMA SAMAÍN

XOVES 31 OUTUBRO:

  • 🎃 TRUCO OU TRATO: A partir das 17:00h nas rúas de Sada. Visita os establecementos comerciais na procura de LAMBETADAS.
  • 🎃 PASARRÚAS "AS BRUXAS DO SAMAÍN de TEATRO CALAVERA: A partir das 18:30hnas rúas de Sada.
  • 🎃 TUNEL DE TERROR DA SOCI: A partir das 20:00. Con sesión Dj na rúa da Praia con Ayman Prosound.
  • 🎃CONCERTO "MORTOS NA VILA III" con OVERLOOK 237 e REPLICANTES. A partir das 21:30 na Capela de San Roque

VENRES 1 DE NOVEMBRO.

  • 🎃 OS CONTOS DO SAMAÍN con MARISA IRIMIA: äs 12:00h na Capela de San Roque. A partir de 4 anos. ENTRADA LIBRE

 

INSCRICIÓN NO TRUCO OU TRATO

O Concello de Sada a través da Concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá organiza unha actividade programada para dar a coñecer o comercio local as familias no marco da festividade do Samaín.

A iniciativa será un espazo para que os asistentes non só celebren o Samaaín, se non que tamén descubran os comercios dun xeito dinámico a traves desta actividade. Para este fin, a Concellería vai proporcionar a todos os comercios de Sada que desexen participar material para facer o xogo do “Truco ou Trato”.

A actividade enmarcada no mesmo día 31 de outubro consistirá no reparto de 1 cartazo e golosinas ou caramelos entre os rapaces que se acheguen aos comercios participantes. Os establecementos interesados en participar poderán incribirse cumprimentando o ANEXO I e presentándoo en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, telemática ou presencialmente. A inscripción é gratuíta.

O prazo para inscribirse será do 22 ata o día 29 de outubro, as 14:00 horas. E os días 30 e 31 de outubro poderán pasar a recoller o material na planta terceira do edificio administrativo do Concello.

Arquivado en