La noche del 23 al 24 de junio se autoriza a realizar hogueras en espacios de titularidad pública en el Ayuntamiento de Sada. Para esto, será preciso que las personas interesadas presenten una comunicación por escrito a través del registro general a partir del lunes 10 y antes del día 21 de junio a las 14:00 horas. Asimismo será de obligado cumplimiento a notificación de aquellas hogueras a realizar en casas/hincas particulares o espacios privados del municipio.
SOLICITUDE COMUNICACIÓN PREVIA PARA REALIZAR CACHARELAS NA NOITE DE SAN XOAN
O Concello de Sada autoriza a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública previa comunicación que tamén deberán de presentar aquelas persoas que realicen cacharelas en casas/fincas particulares. Na notificación, en ambos casos, deberá indicarse o nome do propietario/a da casa/finca, ou o responsable da realización da cacharela, o seu DNI e o enderezo postal do lugar de celebración da cacharela.
Os organizadores das cacharelas en espazos privados, deberán coidar os arredores e coñecer os teléfonos aos que chamar no caso de xurdir algunha incidencia: 112 e SEM 607 43 84 57. Deberase vixiar permanentemente o lume, incluso se hai brasas. Débese contar cos medios – auga suficiente- para controlar o lume.
O Concello de Sada dispón da solicitude de comunicación previa para ambos casos
SARDIÑADA SAN XOAN.
O Concello de Sada organiza a festa de San Xoán o 23 de xuño a partir das 19:00 horas no Curruncho (Praia das Delicias). Ración: 7€ - (6 sardiñas, taza, pan de broa e viño, refresco ou auga)
HORARIOS NOS AREAIS.
O horario para deixar o material para a realización das lumaradas na Praia das Delicias e Praia Nova será a partir das 19:00 horas do día 23 de xuño, na procura de compatibilizar o uso habitual do areal coa celebración da festa de San Xoán.
Os areais (Praia Nova, Praia das Delicias, Praia de Cirro, Praia de San Pedro, Praia de Morazón e Praia de Arnela) deberán quedar libres ás 06:00 horas do día 24 de xuño para que a concesionaria responsable do servizo de limpeza poida levar a acabo as actuacións necesarias para habilitar ditos espazos para o seu uso común.
Ante calquera urxencia que poida xurdir, os servizos de seguridade e emerxencias poden ordenar a evacuación obrigatoria antes desa hora, baseándose en criterios de seguridade persoal e protección ambiental.
Prohíbese o baño nas praias do termo municipal desde as 22.00 horas do 23 de xuño ata as 9:00 horas do 24 de xuño.
APORTE DE MADEIRA PARA LAS CACHARELAS.
O Concello de Sada habilitará unha zona do Curruncho na Praia das Delicias onde se dispensará gratuitamente a madeira necesaria para facer as lumaradas. As persoas interesadas poderán retirar esta madeira a partir das 19:00h do 23 de xuño exclusivamente para a organización de fogueiras na Praia das Delicias. Non será necesario realizar unha solicitude previa. Pregamos que cada colectivo retire unha cantidade razoable que permita compartir a madeira co maior número de fogueiras posible.
POR UN SAN XOÁN MÁIS SOSTIBLE.
Non está permitido tanto en espazos públicos coma privados, o uso de combustibles líquidos nin de acelerantes nas lumaradas.
Así mesmo está prohibido a queima e o acceso ás praias de cauchos, rodas, colchóns, madeira lacada, gomaespuma, e outros obxectos que poidan producir gases tóxicos no entorno así como mobles, sofás, obxectos voluminosos e madeiras que leven puntas ou cravos como palés ou caixas.
Desde o Concello de Sada faise unha chamada á responsabilidade e ao respecto ao medio ambiente. Debemos desfrutar da noite de San Xoán nos espazos libres pero tamén deben quedar os areais libres de calquera obxecto contaminante ou perigoso para a saúde unha vez rematada a festa.
As cacharelas non poderán ter unha altura superior á que determinen os servizos de seguridade e de emerxencias municipais e que estará en función da súa localización, da distancia ao arboredo ou edificios e da seguridade que estimen desde os servizos de emerxencia municipal.
Queda terminantemente prohibido prender fogueiras na zona de mesas e arboredo do Curruncho, así coma en calquera outro espazo verde.
Non está permitido a solta de globos de papel, faroliños chinos, voadores ou similares cuxo medio de ascensión sexa con lume.
Asi mesmo non está permitido acceder aos areais das praias do termo municipal con vidro. Os residuos depositaranse nas zonas de recollida habilitadas para tal fin nos accesos ás praias.
Queda totalmente prohibido trasladar material para as fogueiras en contedores de lixo.
O Concello de Sada fai un chamamento para a celebración dunha noite máxica, chea de ledicia, respecto, tolerancia e boa convivencia polo que agradece a alerta aos corpos de seguridade ante calquera manifestación que vulnere a liberdade ou o gozo da persoas atendendo especialmente as violencias machistas, LGTBQI fobias, racistas ou xenófobas.
AMPLIACIÓN DO HORARIO HOSTALERÍA DE SADA.
A alcaldía do Concello de Sada tamén ampliará os horarios xerais de peche para os establecementos de hostalaría con motivo da celebración do San Xoán, entre o 22.06.2023 e o 24.06.2023, ámbolos dous incluidos, por un período máximo de 2 horas sobre o horario xeral de cada establecemento, sen prexuízo da obriga dos ditos establecementos de respectar as restantes condicións das súas licenzas.