Convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica (Grupo B de clasificación), denominada: técnico de deportes, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de estabilización (OEPE) consonte á Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOP núm.100, 27-5-2022), mediante o sistema selectivo de concurso-oposición en quenda libre.
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(Nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base cuarta das xerais (vinte -20- días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo B (20 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada ( (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas t.deportes 2ª conv. OEPE 22
- 31/01/2025 - ANUNCIO da segunda convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza da escala de Administración especial, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público (OEP) para estabilización do ano 2022
- BOP 31-12-24, nova convoc. t.deportes OEPE 22
- BOP 30-12-22, bases xerais OEPE 22
- BOP 30-12-22, bases específicas t.deportes OEPE 22
- BOP 10-01-23, correccion bases t.deportes OEPE 22
- BOP 02-06-23,2_ correccion bases t.deportes OEPE 22