21 / NOV / 2024
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha (1) praza de Técnico de Administración Xeral funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, pertencente ao Grupo A, subgrupo A1 de clasificacións, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2021 (BOP núm. 246, do 28-12-2021) en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2021, aprobadas pola resolución da Alcaldía núm. 788/2023, 27 de abril e publicado no BOP núm 85, do 05-05-2023.
CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS.
- a) Denominación da praza: Técnico de administración xeral
- b) Escala de administración Xeral ,Subescala técnica
- c) Grupo de clasificación: A Subgrupo A1
- d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario de carreira.
- e) Correspondencia cun posto de traballo da RPT: adxudicarase definitivamente ao superar o proceso selectivo un posto da RPT vacante.
- 21/11/2024 - Anuncio resultados 1º exercicio provisión praza Escala Administración Xeral Subescala Técnica OEP 2021 e convocatoria 2º
- 15/11/2024 - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de funcionario de carreira da escala de administración xeral, subescala técnica (OEP 2021)
- 09/10/2024 - Listaxe provisoria PS 1-2021 (2ª convocatoria) persoal funcionario técnico administración xeral (OEP 2021)
- 11/09/2024 - Resolución de 3 de septiembre de 2024, del Ayuntamiento de Sada (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza
- 26/08/2024 - Corrección base 5ª OEP 1-2021 2ª convocatoria Persoal funcionario TAX. Administración Xeral. OEP 2021
- 09/08/2024 - BASES ESPECÍFICAS PARA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA TÉCNICA, CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021
- Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada
- Modelo solicitude procesos selectivos no Concello de Sada