Procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Deputación da Coruña, publicada no BOP núm.57, do 23-3-2023 consonte ás bases do programa Pel-Concellos 2023 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (BOP núm. 13, do 19-1-2023).
O número de traballadores a contratar será de 3 Operarios- Peóns, a xornada completa, por un período de sete meses dende o inicio do contrato e, no suposto de que a data de inicio do contrato se atrasase o período de contratación remataría o 31-12-2023.
As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse a señora Alcaldesa do Concello de Sada e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas durante o prazo que de 7 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na sede electrónica do Concello, previa publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
- 24/05/2023 - Corrección listaxe definitivo de persoas admitidas ao proceso selectivo Operarios-Peons dentro do programa de integración laboral (PEL CONCELLOS 2023).Nomeamento do tribunal e data de exame
- 23/05/2023 - Listaxe definitivo de persoas admitidas ao proceso selectivo Operarios-Peons dentro do programa de integración laboral (PEL CONCELLOS 2023).Nomeamento do tribunal e data de exame
- 11/05/2023 - Anuncio no BOP do PS 2-23 PEL Bases para a selección polo sistema de concurso-oposición de traballadores dentro do programa de integración laboral
- SOLICITUDE PROCESOS SELECTIVOS