A concellería de Educación, Xuventude e Saúde organiza un roteiro en Fervenza de Toques o domingo 28 de outubro. A data límite de inscrición é o 19 de outubro.
Listaxe participantes Sendereando Fervenza Toques
Roteiro 16.5 km. Dificultade técnica BAIXA. Esforzo físico MEDIO
Poderán participar todas as persoas adultas que o desexen e maiores de 10 anos acompañados dun adulto. Terán prioridade os empadroados/as en Sada.
Os participantes deben ter boas condicións de saúde para poder realizar estes roteiros sen risco. Desde a concellería non se recomenda que sexan realizadas en caso de problemas de visión, lesións musculares, óseas, etc.
Actividade gratuita, inclúe transporte, seguro e guías durante todo o roteiro. A saída será ás 10.00 e voltarase pola tarde. Os participantes levarán a súa comida.
Prazas dispoñibles: 50 (a actividade realizarase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas inscritas) En caso de superar as 50 inscricións, realizarase un sorteo o día 22 de outubro ás 10.00h. Data límite para realizar a inscrición: 19 outubro
As persoas solicitantes terán que comprobar que teñen praza o 23 de outubro
As persoas que obteñan praza e non asistan ao roteiro (sen comunicación previa), pasarán directamente á listaxe de agarda a seguinte vez que soliciten.