SendereAndo no Camiño Francés por Melide o domingo 19 xaneiro

13 / ENE / 2020

SendereAndo no Camiño Francés por Melide o domingo 19 xaneiro

O Concello de Sada programa o domingo 19 de xaneiro unha nova etapa do SendereAndo no Camiño desta vez polo roteiro do Camiño Francés por Melide

Listaxe persoas con praza Sendereando Melide 19 xaneiro

Percorrido dunha distancia de 15 km e cunha dificultade baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

É moi importante ter unha condición de saúde para realizar as nosas rutas. Non recomendamos que sexan realizadas por persoas que teñan problemas graves de visión, lesións musculares, óseas, etc, xa que incrementa o risco de sufrir accidentes. 

Data límite para realizar a inscrición: 12 de xaneiro 

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 13 de xaneiro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar aquí a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 16 de xaneiro ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en