Sendereando no Camiño o domingo 5 de maio pola Vía da Prata en Silleda

29 / ABR / 2019

Sendereando no Camiño o domingo 5 de maio pola Vía da Prata en Silleda

O Concello de Sada programa un novo roteiro do programa SENDEREANDO NO CAMIÑO 2019 polo tramo da VÍA DA PRATA en Silleda o domingo 5 de maio.

LISTAXE DE PERSOAS SOLICITANTES CON PRAZA

Desde o Concello de Sada se programa unha novo roteiro o domingo 5 de maio por Silleda. É moi importante ter boas condicións de saúde para realizar as nosas rutas. Non recomendamos que sexan realizadas por persoas que teñan problemas graves de visión, lesións musculares, óseas, etc, xa que incrementa o risco de sufrir accidentes.

Percorrido dunha distancia de 14.5 km e cunha dificultade baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h 

Data límite para realizar a inscrición: 28 de abril

En caso de superar as 50 inscricións, realizarase un sorteo o día 29 de abril ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 2 de abril ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.