A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado organiza un novo roteiro do programa SendereAndo no Camiño por Arzúa o domingo 10 de novembro cun percorrido de 13.5 quilómetros e unha dificultade media.
LISTAXE PERSOAS CON PRAZA SENDEREANDO ARZÚA 10 NOVEMBRO
LISTAXE DE AGARDA SENDEREANDO ARZÚA
Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto
Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)
Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.
Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h
Data límite para realizar a inscrición: 3 novembro
En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 4 de novembro ás 10.00 na OMIX.
Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.
NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 7 de novembro ás 14.00h. O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.