O Concello de Sada organiza un novo roteiro do programa Sendereando no Camiño por Castroverde o domingo 7 de xullo.
Listaxe de participantes con praza e listaxe de agarda
Percorrido dunha distancia de 14 km e cunha dificultade media.
Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto
Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)
Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.
Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h.
Data límite para realizar a inscrición: 30 de xuño
En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 1 de xullo ás 10.00 na OMIX.
Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h nesta páxina.
NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 4 de xullo ás 14.00h.
O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.