15 / DEC
/ 2017
Listaxe participantes Sendereando Río Tambre
A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde programa unha nova ruta do programa Sendereando, entre Río Tambre e Devesa do Nimo, para o domingo 17 de decembro.
A actividade é gratuíta e inclúe o transporte e o seguro. Trátase dunha ruta de dificultade moderada de 18 quilómetros aproximadamente.
A inscrición pode realizarse na OMIX ata o 13 de decembro e terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.
Máis información na OMIX de Sada - 681 620 331 - omixsada@gmail.com