A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde organiza para o 16 de decembro o Sendereando polo Roteiro Val de Bregua en Arteixo.
Listaxe Solicitantes Sendereando Val de Bregua
Percorrido dunha distancia de 15 km e cunha dificultade técnica MEDIO-BAIXA, con esforzo físico MEDIO-BAIXO
IMPORTANTE: ESTE ROTEIRO NON É VÁLIDO PARA PERSOAS QUE TEÑAN MEDO EN ESPAZOS REDUCIDOS E/OU PEQUENOS, ASÍ COMO Á ESCURIDADE. PARTE DO ROTEIRO TRANSCURRE POR TÚNEIS DAS ANTIGAS VÍAS DO TREN. É OBRIGATORIO LEVAR LANTERNA.
Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)
Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.
Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 18.00h
Data límite para realizar a inscrición: 10 de decembro
En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 11 de decembro ás 10.00 na OMIX.
Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos o día 11 de decembro nesta web u na Oficina da Xuventude.