A concellería de Educación programa o Roteiro dos Tres Rios (Touro) para o domingo 10 de marzo
Percorrido dunha distancia de 16 km e cunha dificultade técnica MEDIA, con esforzo físico MEDIO
Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto
Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)
Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.
Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h
Data límite para realizar a inscrición: 3 de marzo. En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 4 de marzo ás 10.00 na OMIX.
Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h nesta web ou na Oficina da Xuventude.
NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 7 de marzo ás 14.00h. O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.